Pacto X Ames - Sobre o pleno extraordinario sobre a adxudicación da auga

As Inmensas carencias democráticas e éticas do Alcalde de Ames quedan en evidencia unha vez máis na convocatoria do pleno extraordinario pedido por PxA polo tema da licitación do servizo da auga e saneamento.
Pretende pasar de puntillas nun tema trascendental para Ames convocando o pleno na hora de comer, as 14:00 horas do vindeiro xoves, e así restarlle notoriedade pública evitando que a xente poida asistir ao pleno.

O pleno para o análise da situación creada no Concello de Ames pola gravísima situación xurdida ao quedar deserta a licitación do servizo de saneamento e abastecemento do contrato por un importe de 33,5 millóns de euros, foi convocado para o vindeiro xoves día 5 de decembro as dúas da tarde.

Santiago Amor seleccionou a hora menos axeitada para celebrar o pleno coa única intención de que non poida ser seguido polos veciños do noso concello, sabendo que a maioría da xente está comendo ou traballando nesa franxa horaria.

Dende PxA consideramos unha mostra máis da indolencia e a falta de respecto que Santiago Amor ten cara os veciños de Ames ao intentar cercenar por todos os medios a información celebrando o pleno as dúas da tarde co único obxectivo de que non se coñezan as numerosas deficiencias xurdidas. 

No pleno extraordinarios tratarase con profundidade como se desenvolveu todo o procedemento así como as medidas a tomar nun futuro de para procurar corrixir os numerosos defectos de todo o procedemento en canto aos pregos se refire.

No mesmo pleno tamén se solicita a revogación das competencias plenarias do Alcalde en favor do pleno e o cese da concelleira delegada de Medio Ambiente.

Ningún comentario: