Silleda - o concello súmase o proxecto "Goza do Ulla"


Silleda súmase ao proxecto ‘Goza do Ulla’,cun roteiro polo Baixo Deza 
O percorrido, dende a Mámoa da Chousa Nova en Abades ata a desembocadura do Deza, en Cira, realizarase o vindeiro venres12 de outubro
Este programa, que comparten 19 municipios da Ribeira do Ulla, servirá para dar a coñecer as potencialidades e recursos turísticos e patrimoniais de Trasdeza
O Concello de Silleda sumase ao proxecto Goza do Ulla, una iniciativa posta en marcha hai xa dous anos, coa realización de roteiros de sendeirismo nos municipios que forman parte da ribeira do Ulla. A cita con Silleda está prevista para o vindeiro xoves día 12 de outubro. O roteiro proposto é o do Baixo Deza, cunha distancia de 11,4 kilómetros, a realizar nun tempo estimado de 4 horas e cunha dificultade media. O percorrido comezara as 10:00 horas da mámoa da Chousa Nova, a máis antiga de Galicia (século 43 a.C.) continua despois polo conxunto relixioso de Abades (a capela neoclasica e a igrexa romanica) ata o miradoiro do Alto da Forca. Dende alí os asistentes poderan conteplar unha panoramica do encaisonamento do rio Deza. O percorrido vaixa ata o Cervañiña pasando polo salto da Burata e chega ata a Bouza onde se atopa a fonte das rosquilleiras de Abades. Logo vai cara Piñeiro e Dornelas pasando polas brañas de Souto (Cira), que contan cun camiño cheo de fragua autoctona (carballo, castiñeiro). A ruta rematara en Cira na coñecida coma xunta dos rios onde confluen Deza e Ulla.

Este roteiro deseñado pola Concellaría de Turismo de Silleda mestura patrimonio histórico, cultural e natural.

“Con esta iniciativa ábrense tamén novas perspectivas de colaboración, ademais de axudar a dar a coñecer as potencialidades no plan turístico de Silleda”, sinala o concelleiro de Turismo, Matías Rodríguez da Torre. O programa Goza do Ulla percorrerá ata o mes de novembro un total de 19 municipios, dende o nacemento do Ulla ata a súa desembocadura. “O Ulla é o segundo río galego máis importante, e tamén un puntal a nivel turístico”, engade Da Torre.

Ningún comentario: