Anova Boqueixón - abandono do pleno de elección de alcalde
ABANDONO DO PLENO DA CORPORACIÓN, CONVERTIDO NUNHA COMEDIA POLO PARTIDO POPULAR.
Xabier Canabal, abandona o pleno de elección de alcalde.
O PP deseñou unha estratexia de “cambio formal” de alcalde, co nomeamento dun “home de palla” dirixido polo Sr. Gacio.
O pleno de Boqueixón está “secuestrado” polo PP Galego e Provincial, e os
concelleiros seguimos á espera dalgún tipo de explicación.
A falta do anterior alcalde e agora concelleiro, colma a paciencia de calquera.
Boqueixón, o 8 de outubro de 2012.‐ Hoxe ás 13.30 Boqueixón trocou formalmente de
Alcalde, mais na práctica todo segue igual. A estratexia “electoralista” do Sr. Feijóo, Negreira e
Gacio, convértese ás claras nunha auténtica fraude aos veciños de Boqueixón, da que participa
todo o equipo de goberno do Partido Popular. O nomeamento do alcalde producido hoxe
demostra ás claras que quen realmente gobernará en Boqueixón será o propio Gacio.
Dende Anova, a través do Concelleiro Xabier Canabal respectamos a presunción de inocencia
do Sr. Gacio, máis dende o plano político consideramos que esta figura non cabe, polo que
este tería que ter presentado a súa renuncia fulminante como representante dos veciños de
Boqueixón. Como pode explicarse que unha persoa, dende un plano político non sirva para
exercer as funcións de alcalde, mais si as de concelleiro?
O Pleno de Boqueixón está secuestrado polo Partido Popular.
Non podemos permitir que o Pleno do Concello de Boqueixón se convirta nun teatro onde o PP
probe as súas estratexias electoralistas. O pleno de Boqueixón está auténticamente
secuestrado por estas estratexias electoralistas deseñadas polo Sr. Feijóo e polo Sr. Negreira. A
día de hoxe non recibimos ningunha explicación, o Sr. Gacio segue desaparecido e sen dar
unha explicación ao pleno do Concello.
O de hoxe non é máis que a consumación dunha fraude do PP, tomada fóra de Boqueixón,
unha estratexia que está a agravar grandemente a imaxe de Boqueixón, e que tenta reducirnos
a todos a uns “mandados” do PP.
É así que decidimos non participar nesta comedia.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario