O BNG DE NEGREIRA CALIFICA DE OPORTUNISMO E PROPAGANDA AS DOAZÓNS FEITAS POR DOUS EDÍS DO GOBERNO
Anímalles a axudar de verdade, mediando ante a Plataforma do Sergas para a contratación de parados de longa duración.
O Bloque Nacionalista Galego de Negreira califica de oportunismo e propaganda a doazón das dietas por asistencia a plenos de dous edís do Goberno de Negreira.
O Voceiro do BNG, Antonio Ponte, asegura que “ainda que no eido persoal sexa un bo detalle, o movemento se demostra andando, polo que non é creíble esta repentina vontade solidaria, xa que estamos a falar dun Concello no que os servizos sociais cada vez teñen menos recursos e dun Goberno que aínda non entendeu que a igualdade de oportunidades no acceso ao traballo é un dereito recollido na Constitución, xa que os enchufados do PP teñen sempre posto asegurado.”Destaca Ponte que “a solidaridade hai que demostrala durante toda a lexislatura, non só en período electoral e reta ao Goberno a negociar coa Plataforma do Sergas, que ten aberto un proceso de selección de persoal, para que contraten a un número maior de parados de longa duración que de militantes e amigos do PP.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario