O centro cultural de Sigüeiro acollerá hoxe xoves 15 de maio, ás 17:30 horas, a presentación da cuarta edición do Campus de Verán do Real Clube Celta de Vigo, que se impartirá no campo municipal Lino Balado (Sigüeiro) do 1 ao 6 de xullo. Á presentación asistirán o concelleiro de Deportes, Luís Rey; o coordinador do campus, Hugo Rama; e un representante da Fundación Celta de Vigo.
O acto está aberto a todos os pais e nais cuxos cativos desexen participar neste campus de verán. O campus está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 15 anos, que traballarán como se estiveran concentrados cun equipo profesional. Ademais do adestramento e da táctica, tamén traballarán outros aspectos como prevención de lesións, alimentación saudable, etc
Ningún comentario:
Publicar un comentario