| Os sindicatos solicitan ao Concello de Silleda unha prórroga para revisar a Relación de Postos de Traballos (RPT) -O prazo para presentar alegacións ao documento remataba o vindeiro martes día 10, pero a petición de Comisións Obreiras ampliarase ata o día 28 Silleda, 5 de xaneiro de 2012. O sindicato Comisións Obreiras (CCOO) vén de presentar un escrito no rexistro municipal de Silleda solicitando á alcaldesa, Paula Fernández, e concelleira delegada de Persoal a ampliación do prazo previsto para presentar alegacións á Relación de Postos de Traballo (RPT). O documento foi presentado aos representantes dos traballadores o pasado día 1 de decembro, a cargo da consultora Eosa, á que contratou o anterior goberno municipal non adscrito. O prazo para as alegacións remataba o vindeiro martes día 10, pero dende COO solicítase unha prórroga ata o vindeiro día 28, para poder revisar a proposta en maior profundidade. A rexidora aceptou a ampliación do plazo “para que os sindicatos poidan estudar con calma e analizar con detalle o documento, partindo da base de que a RPT presentada é unha proposta, un documento aberto ás negociacións cos traballadores co que trataremos de sentar as bases en materia laboral de cara ao futuro”, engade Paula Fernández. O obxectivo pasa por definir un sistema de postos de traballo eficaz e coherente, tratando de ordear o cadro de persoal do Concello, segundo explicaron no encontro as representantes da empresa, que fora contratada polo goberno anterior. Para a realización do traballo, segundo explicou no seu día o persoal da consultora contratada, fíxose unha diagnose da situación, logo unha análise, coa descripción e valoración de cada posto e uinha proposta de reordenación. Entre os puntos figura ademais un plan de consolidación de emprego, debido ao elevado número de contratos temporais que existen. Na primeira fase, de análise e descripción dos postos realizáronse 42 entrevistas, entre os meses de abril e maio, ademais de pasarlle a todo o persoal un cuestionario. A partir de ahí, segundo explicaron as representantes de Eosa, realizaronse as fichas técnicas coa descrición de cada posto (grupo, funcións, condicións, horarios)… atendendo tamén a factores coma os coñecementos xerais e específicos dos traballadores, experiencia, ou adicación, entre outros En canto á consolidación de emprego que plantexa o documento, sería para un total de 21 laborais que levan un tempo considerable traballando no Concello e cuxo posto non dependen de subvencións. Dende o grupo de goberno, a alcaldesa e concelleira de Persoal, Paula Fernández, lembrou que coa chegada do actual grupo de goberno o proceso estaba xa en marcha e dende o executivo “a inxerencia foi mínima, xa que tentamos manternos á marxe o máximo posible”. O comité de empresa está formado por delegados de Comisións Obreiras (CCOO), en representación dos laborais, e da Confederación Intersindical Galega (CIG), por parte dos funcionarios. | A cadena hoteleira Barceló Hotels & Resorts ofrece todo o ano un desconto do 15% a todos os silledenses nos seus establecementos de Canarias
-O xefe de ventas da cadea nas illas e a responsable da axencia de viaxes Turistours de Silleda asinaron hoxe un convenio de colaboración Silleda, 5 de xaneiro de 2012. A cadena hoteleira Barceló vén de iniciar unha campaña o pasado día 1 de xaneiro para ofertar a todos os veciños e veciñas de Silleda estancias con descontos do 15 por cento nos doce establecementos cos que conta o grupo en Gran Canaria, Fuerteventura, Lanzarote e Tenerife. A promoción, que continuará ao longo de todo este ano, realizase en colaboración coa axencia de viaxes Turistours, sita na rúa Progreso número 5 de Silleda. O xefe de ventas de Barceló Hotels & Resorts en Canarias, o sillendese Pablo Ojea, e a administradora da axencia, María Corral, asinaron hoxe por mediación do Concello de Silleda un convenio polo que os veciños do municipio se poderán beneficiar do citado desconto. Os interesados en disfrutar da promoción deben achegarse ata a axencia de viaxes e acreditar con documentos que están empradronados no municipio. O concelleiro de Turismo, Matías Rodríguez da Torre, que asistiu á firma do convenio, destacou a iniciativa e animou aos silledenses a disfrutar das ventaxas da promoción. “Agardamos que sexa un acicate para que outras empresas poidan realizar iniciativas similares”. O grupo Barceló, cun total de 186 hoteis, é hoxe a terceira cadea española do sector máis importante en canto ao número de habitacións. |
Silleda – negociación RPT e acordo con Barceló Hotels
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario