BNG Frades – o pleno aproba instar a Xunta a mellorar o servizo de pediatría

APROBADA A MOCIÓN DO BNG PARA INSTAR Á XUNTA A MELLORAR O SERVIZO DE PEDIATRIA EN FRADES

Co voto a favor do BNG e PSOE e coa abstención do PP, o Pleno esixiu ao goberno da Xunta a que se amplie o horario de consulta de pediatría en Frades

O Pleno Extraordinario no Concello de Frades, celebrado este venres aprobou a moción do BNG para instar á Xunta a que se cumpra coa prestación do servizo de consulta de pediatría e se aumente a catro horas semanais, en lugar das dúas que existían na actualidade.

Xosé María Pérez Lagos, Portavoz Municipal do BNG de Frades salientou na defensa desta moción que “o Centro Médico da Pontecarreira ten asignada a prestación do servizo de asistencia e consulta médica de pediatría durante duas horas á semana, mais na prática este servizo non se estivo a prestar durante moito meses e se estivo remitindo aos pacientes de pediatría ao PAC de Ordes”

O portavoz nacionalista fixo fincapé en que “despois de varios meses, acaba de repoñerse, hoxe mesmo, o servizo de consulta de pediatría, xusto despois de que o BNG preséntase unha pregunta no Parlamento Galego e solicitase a celebración dun Pleno Extraordinario no Concello de Frades para tratar este asunto, o que demostra a desidia e incapacidade do alcalde, xa que tivo que ser a iniciativa do BNG a que conseguise resolver este problema”.

Xosé María Pérez afirmou que na moción do BNG aprobada pola Corporación Municipal de Frades “acordouse instar á Xunta de Galiza a facer as xestións que sexan necesarias para evitar que volva a deixar de prestarse a consulta médica de pediatría no noso concello e a ampliar o horario de consulta a 4 horas semanais”.

Moción asistencia sanitaria dos parados

A moción do BNG para instar á Xunta de Galiza a resolver os problemas na prestación de asistencia sanitaria aos parados de longa duración, que se atopan coas súas tarxetas sanitarias desactivadas, foi rexeitada cos votos en contra dos concelleiros do goberno municipal do PP, o que motivou as críticas do BNG de Frades, manifestando o seu portavoz, Xosé María Pérez que “o PP volve demostrar unha vez máis a súa falta de sensibilidade cos máis necesitados, nuns momentos tan difíciles como os actuais”.

Ningún comentario: