Este martes chega á Casa da Cultura do Milladoiro a obra de teatro “Oh, que bonito é Panamá”A compañía Panamesiana Teatro achega este martes á Casa da Cultura do Milladoiro a obra Oh, que bonito é Panamá!, unha adaptación dun conto infantil de Janosch. Esta obra será representada este martes 3 de xaneiro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta obra de teatro xa foi representada o pasado 9 de outubro no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Agora, despois do éxito de público que tivo en Bertamiráns, será representada no Milladoiro. A obra de teatro Oh, que bonito é Panamá! ten unha duración de arredor dunha hora. Na función actuarán, para deleitar aos máis pequenos, Mónica García, Tomás Lijó e Petra Hofmann. Esta obra pretende ser un xogo de teatro, monicreques, música e clown tendo a inocencia, a amizade, o respecto á natureza e a felicidade das pequenas cousas como protagonistas principais. Esta representación teatral enmárcase dentro da programación cultural e deportiva de Nadal. A programación teatral do Concello de Ames está repartida entre Bertamiráns e O Milladoiro. Ademais, está pensada tanto para o público infantil como adulto. A programación está incluída dentro das obras de teatro que ofrece a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Ao mesmo tempo o Concello de Ames forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o que permite traer a Ames obras de teatro de gran calidade e sona. A programación teatral no Concello de Ames continua o vindeiro venres 13 de xaneiro na Casa da Cultura de Bertamiráns coa obra Cociña económica, de Mofa e Befa. Esta peza teatral ten unha duración de 60 minutos. Mofa e Befa poñen os seus mandís, arremánganse e métense na cociña a facer o que eles mellor saben, que non é nin fritir un ovo nin preparar unha caldeirada de bertorella, nin tan sequera pelar patacas. Cociñan as risas que lle arrincan ao público, que asiste enganado, ás veces mesmo obrigado (todos temos compromisos ineludibles) á representación. Dous xeitos de cociñar diferentes: o da cociña económica, onde non se aforra nada e onde se practica a liberalidade absoluta cos ingredientes e o da cociña. | Nenos/as e maiores poderán participar nun obradoiro para organizar unha Festa sostible na Aula da Natureza Ames, luns 02 de xaneiro de 2012. O vindeiro mércores 4 de xaneiro todos aqueles que o desexen poderán participar nun obradoiro que acollerá a Aula da Natureza. O obradoiro está dirixido a tódolos públicos e especialmente pensado para que os nenos aprendan e gocen na compaña dos seus pais e doutros nenos. O obradoiro consistirá en decorar a Aula da Natureza da Ameixenda, preparar sobremesas, bebidas e algunhas actuacións para celebrar unha festa onde predomine a sustentatibilidade. O obradoiro comezará ás 16.30 horas da tarde e rematará ás 19.30h. Os/as interesados/as en participar nesta actividade que organiza o Concello de Ames deberán anotarse chamando ao teléfono da Aula da Natureza 660 004 665, á concellaría de Medio Ambiente 981 883 002 marcando a extensión 1312 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org. O próximo mércores día 4 de xaneiro a Aula da Natureza acollerá un obradoiro para organizar unha festa de xeito sostible. A actividade centrarase en potenciar o traballo en equipo e o respecto aos compañeiros e na importancia que ten a sustentabilidade e a reciclaxe. Esta actividade celebrarase se hai un mínimo de 20 inscritos. Organizarase ás persoas en grupos de montaxe, decoración, cociña, encargados das bebidas, música e deseño de invitacións entre outros. A idea de fondo é ver que materiais dos que habitualmente se empregan na vida cotiá e nas festas non son sostibles e cales si. Este obradoiro pode ser moi útil para aprender a reciclar e tomar conciencia da súa importancia sobre todo nestas datas de Nadal, nas que as festas coa familia e con amigos son moi habituais. Para que se celebre o obradoiro deberán estar inscritas polo menos 20 persoas. Se non se chega a cubrir ese cupo o obradoiro pospoñerase e todos os inscritos serán avisados por teléfono do cambio de data. A Aula da Natureza organiza actividades coma esta durante estes días de Nadal co obxectivo de que as nais e pais que adoitan ter algúns días de vacacións pasen a tarde na compaña dos seus fillos/as aprendendo cousas e valorando o traballo en equipo e a convivencia con outras familias. Animamos á cidadanía a participar nesta actividade e a comprender a importancia da reciclaxe e do traballo con material ecolóxico para contribuír á sustentabilidade do planeta. Un saúdo |
Ames – teatro no Milladoiro e festa infantíl na Aula da Natureza
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario