| Este sábado terá lugar o III partido benéfico de Baloncesto Concello de Ames Ames, mércores 4 de xaneiro de 2011. Por terceiro ano consecutivo o baloncesto servirá para ter un Nadal máis solidario en Ames. O pavillón polideportivo de Bertamiráns acollerá este sábado día 7 de xaneiro, ás 20:00 horas, o terceiro partido benéfico de baloncesto Concello de Ames. O XL Milladoiro medirase contra un equipo de famosos de Galicia entre os que están Pepo Suevos, Óscar Pereiro, Xavier Deive, Terio Carrera, David Amor, Xosé Barato, Miguel Juane, Federico Pérez, Xosé Antonio Touriñán, Iván Raña, Julio Jiménez... Este equipo estará adestrado por Alberto Corbacho e Oriol Junyent, xogadores do Blusens Mombus Obradoiro. Os beneficios irán en favor de Paula, unha nena de 16 meses que ten agenesia sacra. Tras a magnífica acollida que tivo esta iniciativa nas edicións pasadas, decidiuse organizar a terceira edición do partido benéfico de Baloncesto Concello de Ames. Este evento terá lugar o vindeiro sábado, 7 de xaneiro ás 20:00 horas, no pavillón polideportivo de Bertamiráns. Neste encontro enfrontarase o XL Milladoiro contra un equipo formado por famosos de Galicia. A principal novidade deste ano será que o equipo de famosos estará adestrado por Alberto Corbacho e Oriol Junyent, xogadores do Blusens Mombus Obradoiro. É posible que acuda algún xogador máis do Blusens Mombus Obradoiro pero dependerá da súa dispoñibilidade. Deste xeito, rostros moi coñecidos para toda a veciñanza amiense estarán na cancha do pavillón polideportivo de Bertamiráns. Xogará o cómico Xosé Antonio Touriñán, coñecido por ser un dos principais humoristas do programa "Land Róber" ou por ser membro do dúo cómico Mucha e Nucha que actúan en 'Luar'. Xabier Deive, actor da serie 'Matalobos', xogará tamén, ao igual que Pepo Suevos, polifacético actor, cómico e contacontos que participa na serie 'Matalobos'. Outros actores que participarán neste encontro son Federico Pérez, que actúa na serie "Padre Casares", ou o cómico David Amor. Cóntase ademais con Terio Carreira, xornalista deportivo da Televisión de Galicia. E, como non, con deportistas como Miguel Juane, ex-xogador do Club Amigos Baloncesto Obradoiro, Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia en 2006, e Iván Raña, triatleta cun longo palmarés de premios en copas e campionatos de todo o mundo que acadou o quinto posto nos Xogos Olímpicos de Sidney en 2000. Todos os beneficios que se obteñan no partido irán destinados en favor de Paula, unha nena de 16 meses que ten agenesia sacra. Paula naceu sen sacro e con dúas vertebras mal formadas o que lle afecta as extremidades inferiores. Esta rapaza non pode andar e necesita un tratamento cun custo moi elevado. A través desta iniciativa pretendese recadar diñeiro para pagar parte do tratamento que terá que realizar Paula en Alemaña. Todas as persoas que acudan a este evento participarán no sorteo de zapatillas, roupa deportiva, vales para cambiar por material deportivo, etc. Ademais sortearase unha camiseta do Real Madrid de baloncesto asinada por todos os seus xogadores, unha camiseta do Barcelona, e unha camiseta do Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala, que tamén se sumaron a esta iniciativa cedendo este material de xeito desinteresado. | 216 nenos/as reciben un agasallo grazas á campaña de recollida de xoguetes para o NadalAmes, 4 de xaneiro de 2012. Esta semana repartíronse todos os agasallos que se xuntaron grazas á campaña de recollida de xoguetes para o Nadal, que organizou o Concello de Ames en colaboración co Bertamiráns Fútbol Club e a Asociación Barricas Folk Rock do Milladoiro. A entrega dos agasallos ás familias realizouse o día 3 de xaneiro na Casa da Cultura de Bertamiráns e o día 4 na casa da Cultura do Milladoiro. Un total de 140 familias disporán dun agasallo para poder entregárllelo aos seus fillos/as o día de Reis. A través desta campaña preténdese que os cativos de familias con menos recursos poidan gozar tamén dun agasallo durante as festas do Nadal. A Concellaría de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, a través da Oficina do Voluntariado do Concello de Ames (OVA), puxo en marcha a campaña de recollida de xoguetes para o Nadal co lema "En Ames todos/as xogamos". O principal obxectivo desta campaña era recoller un gran número de xoguetes para entregar entre a poboación máis necesitada do concello e sensibilizar a xente de que doar un xoguete non consiste en dar caridade, baleirar armarios ou reciclar obxectos que nos molestan na casa, senón que hai que poñer un pouco de xustiza e ofrecer solidariedade e xenerosidade de balde. Por segundo ano consecutivo sumouse a esta iniciativa o Bertamiráns Fútbol Club, que desenvolveu a súa propia campaña de recollida de xoguetes e roupa. Posteriormente, o Bertamiráns FC entregoulle o material recollido ao Concello para que este se encargase de repartilo entre as familias máis necesitadas. Este ano, a Oficina de Voluntariado de Ames, tamén contou coa colaboración da Asociación Barricas Folk Rock do Milladoiro, que recolleu os seus propios xoguetes para posteriormente entregarllos ao Concello. Nesta ocasión conseguíronse reunir un gran número xoguetes que foron repartidos entre 216 nenos e nenas de Ames. Todos os xoguetes recibidos foron seleccionados, clasificados, empaquetados e distribuídos por persoas voluntarias que se sumaron e esta causa solidaria. Cinco voluntario/as encargáronse de seleccionar os xoguetes e empaquétanos con papel de agasallo. Nestas tarefas tamén colaborou o persoal das bibliotecas municipais. A través desta iniciativa, as familias con menos recursos puideron proporcionarlles aos seus fillos un xoguete nesta época tan especial para todos os cativos. Hai que destacar a colaboración da veciñanza amiense xa que algúns destes xoguetes eran novos e mercados expresamente para este reparto entre os nenos desfavorecidos. A entrega de agasallos ás familias realizouse o día 3 de xaneiro na Casa da Cultura de Bertamiráns e o día 4 na casa da Cultura do Milladoiro. Finalmente, os agasallos acabarán o 6 de xaneiro baixo a árbore de Nadal de máis de 200 rapaces e rapazas que debido aos seus diversos problemas son usuarios/as frecuentes dos servizos sociais do Concello e contan cun seguimento persoal por parte destes servizos. |
Ames – solidariedade en nadal
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario