| Domingo 8
12.00 h No Teatro Principal, concerto de Reis da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns. 18.00 h No Auditorio de Galicia, Strauss Festival Orchestra. Luns 9
11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
12.45 h Na sede do Consorcio de Santiago (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA para presentar a exposición Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Asisten: Xerardo Conde Roa, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago Pilar Suárez-Inclán, directora de Comunicación e Relacións Institucionais de Seguros Reale *Unha vez rematada a rolda de prensa realizarase unha visita á exposición, ubicada na Casa do Cabido (praza das Praterías) | ASUNTO: corte de tráfico nas rúas do Churruchao e Poza Real Con motivo da realización de obras na rede de gas natural, as rúas do Churruchao e de Poza Real permanecerán cortadas ao tráfico dende o vindeiro martes, 10 de xaneiro, ata o 1 de febreiro: - No caso da rúa do Churruchao, o tráfico desviarase polas rúas do Veado e de Serafín Zas. Unicamente se permitirá o acceso á rúa cortada aos residentes, ata o nº 24, e ao autobús urbano. - A rúa de Poza Real estará cortada no tramo entre o acceso da estrada N-550 e a rotonda da devandita rúa (en dirección a Conxo). O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar. |
Santiago – axenda e corte de tráfico
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario