O Concello de Frades celebra hoxe sábado a súa primeira
cabalgata de Reis, que rematará cunha gran festa no polideportivo de
Pontecarreira
O Concello de Frades celebrará hoxe 4 de xaneiro a súa primeira Cabalgata de Reis, que terá lugar na
localidade de Pontecarreira entre as 16:00 e as 20:00 horas. Unha cabalgata que
será posible grazas á colaboración da ANPA do CPI Pontecarreira, da asociación
de veciños Rexente de Pontecarreira e da asociación folclórica Sarillo de Aiazo
co Concello de Frades.
A Cabalgata de Reis partirá ás 16:00 horas da praza de
Pontecarreira e desfilará polo núcleo urbano. Despois, o desfile encamiñarase
pola estrada AC-3802 cara o pavillón polideportivo municipal de Pontecarreira.
Ás 17:00 horas está prevista a chegada dos Reis Magos ao pavillón, onde terá
lugar unha gran festa con inchables, animacións, xogos populares, lambetadas e
obradoiros de globoflexia e de maquillaxe. Así mesmo, repartirase chocolate e
roscón de Reis entre todos os participantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario