Melide - Gala de maxia os días 3 e 4

A Casa da Cultura acollerá o vindeiro 4 de xaneiro un espectáculo da maxia ao cargo dos magos Teto, Rafa, Linaje, Patxi e Dani Polo. 
Será un fin de semana adicado a maxia que acollerá o auditorio recén inaugurado xunto con obradoiros para rapaces e rapazas e maxia a pé de rúa. 

A maxia percorrerá Melide o vindeiro fin de semana de aninovo. Trátase dun festival que contará con cinco artistas, o Mago Rafa dende Lugo, o Mago Teto dende Viana do Bolo, o Mago Patxi de Victoria Gasteiz, Mago Linaje de Burgos e xoven mago melidá, Dani Polo. Durante o venres tarde e o sábado mañá organizaránse actividades para os rapaces e rapazas de entre 8 e 13 anos, con aforo limitado de até 25 prazas, que deberán de facer a súa inscrición efectiva no departamento de cultura do Concello de Melide. Os obradoiros correrán a cargo do Mago Rafa. 
Este festival ademais complementarase con maxia a pé de rúa no Cantón de San roque e no casco antigo da vila dende ás 21.00 ás 22,30 h aproximadamente, ao cargo do Mago Teto e do Mago Ptxi para promocionar o mundo do ilusionismo e o subrrealismo. Os maiores melidás tamén desfrutarán dunha sesión divertida e diferente, xa que Dani Polo visitará aos que pasan o Nadal na residencia. Por último, este especial terá como peche unha actuación na Casa da Cultura o día 4 de xaneiro, cos cinco artistas o que é o predulio dunha programación cultural diversa e diferenciada para Melide.

Ningún comentario: