PSOE ANOVA BOqueixon - moción conxunta para anular a adxudicación do tanatorio

PSOE E ANOVA PRESENTAN UNHA MOCIÓN CONXUNTA AO FIN DE DEIXAR SEN EFECTO A  ADXUDICACIÓN DO TANATORIO NA CASA DA CULTURA DE CAMPORRAPADO
 Os concelleirosDavid P. Calvelo (PSOE) e Xabier Canabal(Anova) mantiveron na tarde de onte unha reunión cos veciños das parroquias de Oural, Camporrapado e Sucira.

 Agárdase que o vindeiro mércores un grupo nutrido de veciños acudan ao Pleno da Corporación para amosar o seu rexeitamento á construción do Tanatorio na Casa da Cultura.

O PSdeGe Anova mantiveron unha reunión cos veciños das parroquias de Oural, Pousada e Sucira, parroquias colindantes á Casa da Cultura de Camporrapado, e que rexistraran 219 sinaturas en contra da construción do tanatorio nos baixos
desta Casa da Cultura.

Nesta reunión analizouse a situación actual do Tanatario (xa adxudicado a unha empresa), e informóuselle a todos os veciños do noso voto contrario dende que coñecemos as intencións do equipo de goberno. Ademais analizouse pormenorizadamente o recurso de reposición que
prantexamos á adxudicación así como o rexeitamento do Concello.

É así que os dous concelleiros, ademais de amosar o apoio a todas as iniciativas que os veciños decidan emprender contra deste “grande erro” anunciaron a presentación dunha moción conxunta para o vindeiro pleno do 8 de maio, na que se solicita que o Concello incoe o expediente para deixarsen efecto a adxudicación do Tanatorio e que se estude unha ubicación alternativa que non perxudique os intereses xerais do concello tal e como temos prantexado no pleno da corporación, tal e como prantexaron os veciños das tres parroquias colindantes coa Casa da Cultura e tal e como se prantexou no Recurso de Reposición que prantexamos á adxudicación.

Namentres se discuta esta moción rexistrada  no Concello, agárdase que un nutrido grupo de veciños asista ao pleno ao fin de amosar o seu rexeitamento ao Tanatorio na Casa da Cultura de Camporrapado.

Ningún comentario: