Ames - pleno xaneiro

O pleno de Ames aproba por unanimidade a saída do Refuxio de Animais de Santiago e asinatura con Tráfico dun convenio para a cesión de material e apoio técnico
A concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín,agradeceu a colaboración dos grupos da oposición para chegar a un acordo sobre a saída de Bando. Este cambio de modelo incluirá o servizo de lacería que ata o de agora se realizaba a través de traballadores do Concello e que non se podía facer polas tardes ou o fin de semana.

A sesión plenaria de xaneiro tamén supuxo a aprobación porunanimidade dun convenio entre Tráfico e o Concello. O alcalde de Ames, Santiago Amor, explicou que “se trata dun interesante convenio específico que inclúe a cesión de materiais como vehículos ou equipos, así como apoio técnico en actuacións relacionadas co plan de seguridade viaria”. “Trátase dunha demanda da Policía municipal”, engadiu.

A corporación municipal aprobou onte por unanimidade de todos os grupos a saída do Concello de Ames do Refuxio de Animais de Santiago de Compostela e deu luz verde á sinatura dun convenio con Tráfico, que permitirá ampliar e mellorar os servizos que prestaa Policía Local. Na sesión ordinaria correspondente ao mes dexaneiro tamén se aprobou por unanimidade a elección de LauraLorenzo Arceo como xuíza de paz substituta e o recoñecementoextraxudicial plenario 1/2013.

O primeiro dos temas que se abordou no pleno foi a saída doConcello de Ames da Fundación Pública Refuxio de Animais deSantiago de Compostela. Este tema xa se tratara no pleno dedecembro, pero tralo acordo de todos os grupos municipaisdecidiuse deixar este tema sobre a mesa co obxectivo de aclararalgúns aspectos. Finalmente, na sesión de onte tanto os concelleiros do grupo socialista como os dos non adscritos votaron a favor da saída, tras reunirse coa concelleira de Medio Ambiente, coñecer máis a fondo as características do servizo e consensuar algunhas cuestións que garanten a calidade do servizo que prestará a empresa privada.

A edil de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, agradeceu a colaboración dos grupos da oposición e comprometeuse a seguir colaborando para elaborar un protocolo de actuación. A concelleira confirmou que solicitará un informe mensual sobre a situación dos animais, que se inclúa una sección na páxina web con fotos e ficha dos animais recollidos e que se intente localizar ao dono a través do microchip antes de saír para a canceira.

O cambio de modelo permitiralle ao Concello un aforro de máisde 36.000 euros. Ademais, incluirá o servizo de lacería que ata ode agora se realizaba a través de traballadores do Concello e quenon se podía facer polas tardes ou o fin de semana, co conseguinteproblema para a seguridade viaria. Deste xeito, favorecerase aeficacia na recollida e traslado dos animais nun tempo máximo demedia hora.

Convenio coa Xefatura Central de Tráfico

A sesión plenaria do mes de xaneiro tamén supuxo a aprobaciónpor unanimidade dun convenio entre a Xefatura Central de Tráficoe o Concello de Ames que permitirá ampliar e mellorar osservizos que presta a Policía local de Ames. O alcalde de Ames, Santiago Amor, explicou que “se trata dun interesante convenio específico que inclúe a cesión de materiais como vehículos ou equipos, así como apoio técnico en actuacións relacionadas co plan de seguridade viaria”. “Trátase dunha demanda da Policía municipal”, engadiu.

Para a sinatura do convenio, a Dirección Xeral de Tráfico solicita que o Concello designe un interlocutor, así como dous membros que formarán parte da comisión de seguimento do convenio. Neste caso, o interlocutor será o responsable da Policía Local de Ames, que tamén formará parte da comisión de seguimento xunto ao alcalde, que ostenta as competencias de seguridade e tráfico no Concello.

Un dos obxectivos deste acordo é desenvolver determinadasaccións en materia de tráfico e seguridade viaria, concretamenteas relativas á transmisión de datos e acesos a rexistros. Oconvenio que se pretende subscribir fai mención igualmente asaccións consistentes en cesión de materiais, apoio técnico e/oueconómico para a elaboración de plans de seguridade viaria ouposta en marcha de medidas específicas.

Tras a aprobación dos asuntos do día, o pleno votou a urxencia de dúas mocións presentadas polos grupos da oposición. A urxencia das dúas mocións foi rexeitada.

Ningún comentario: