Santiago - Miguel Poveda en Sons13

Concerto de Miguel Poveda no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Sons’13
Este sábado, 2 de febreiro, a partir das 21.00h
As entradas, a 35€, poden mercarse xa en Novagaliciabanco e na billeteira do Teatro Principal e o propio día do concerto tamén na do Auditorio de Galicia

Despois de Poveda estarán en Sons’13 Uxía, Ana Moura, Amancio Prada, Odaiko, Coetus&Eliseo Parra, Pradairo, Pedro Guerra, Budiño, Win Mertens e Malevaje

Miguel Poveda estará este sábado en Compostela para dar un concerto no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Sons’13. Será a partir das 21.00h e as entradas, a 35€, están xa á venta na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h), en entradas.novagaliciabanco.es ou no 902 434 443. Ademais, o propio día do concerto poderán mercarse na billeteira do Auditorio de Galicia aberta desde as 18.00h. Despois de Miguel Poveda e tras o paso de Café Quijano pola cidade a semana pasada, completarán o cartel de Sons’13 Uxía, Ana Moura, Amancio Prada, Odaiko, Coetus&Eliseo Parra, Pradairo, Pedro Guerra, Budiño, Win Mertens e Malevaje.

Miguel Poveda ofrécenos unha primeira parte cun repertorio do cante mais tradicional aínda que coas achegas que o artista lles dá, conservando a súa esencia pero pasándoos polo seu filtro persoal. A segunda parte, coa colaboración do mestre Joan Albert Amargós, interpretará algunhas cancións do seu repertorio de “Coplas del Querer”.

Miguel converteuse nunha máxima figura do xénero e da música española en xeral, nacido en Barcelona en 1973 e crecido en Badalona, empeza a cantar aos 15 anos na contorna das penas flamencas de Cataluña. Gañou entre outros o Premio Lámpada Mineira (o máis prezado do mundo flamenco) e participou nos principais festivais de música nacionais e internacionais cantando en importantes auditorios (o Odeón de París, o Liceo de Barcelona, o Teatro Real de Madrid, o Carnegie Hall...) 

A súa discografía, até hoxe, compona 8 discos ademais de ArteSano. Coplas do querer, foi galardoado con varios Premios da Música e obtivo o Disco de Ouro e de Platino.

E dixo Poveda por soleá: “I have a dream; que un día ao cante chamábano liberdade”

Elenco e formación do espectáculo :

JOAN ALBERT AMARGÓS ( Piano )
JESÚS GUERRERO ( Guitarra )
PAQUITO GONZÁLEZ ( Percusión )
CARLOS GRILO ( Palmas )
LUIS CANTAROTE ( Palmas )

Ningún comentario: