Santiago - cancelado o concerto de Miguel Poveda

Cancelado o concerto de Miguel Poveda por indisposición do artista
Estaba previsto este sábado, 2 de febreiro, no Auditorio de Galicia dentro de Sons’13
M. Poveda Producciones S.L. informa de que unha indisposición do artista fai imposible que de o concerto deste sábado en Compostela

O prezo das entradas devolverase polo mesmo medio polo que foron adquiridas

M Poveda Producciones S. L. informou esta mañá de que se suspendía o concerto de Miguel Poveda por indisposición do artista. O concerto estaba previsto para este sábado, 2 de febreiro, ás 21.00h no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Sons’13. 

A todas as persoas que xa tiveran mercada a súa entrada devolveráselle a cantidade polo mesmo medio polo que a adquiriron. Desde Novagaliciabanco procederán a realizar a devolución automática do importe das entradas (+ gastos) adquiridas a través das súas canles (Call Center e Internet), na mesma tarxeta coa que se realizou o pago das mesmas. Ademais, poranse en contacto, xa sexa vía email ou vía telefónica, cos compradores que proporcionasen os seus datos, para informarlles da cancelación do mesmo e de que en breve realizarán o reembolso.

Aquelas persoas que mercaran a entrada na billeteira do Teatro Principal poden pasar por alí coa entrada para que lle reembolsen a cantidade. A billeteira do Principal permanece aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h.

Desde o departamento de Cultura do Concello de Santiago lamentamos as molestias causadas por esta circunstancia e pedimos desculpas polos problemas que puidera ocasionar.

Ningún comentario: