PRESÉNTASE MOCIÓN CO OBXECTO DE RECUPERAR A AUGA PARA O CONCELLO DE BOQUEIXÓN
Preténdese con esta moción rematar co secuestro da auga ao que nos ten sometido a
empresa Espina y Delfín.
Solicítase iniciar o expediente de declaración de nulidade da ampliación da concesión
da auga realizada no 2006.
Recuperar o servizo de abastecemento de auga permitiría baixar claramente os
recibos que os veciños pagan de auga.
Tal e como se tiña anunciado no pleno ordinario de setembro, veño de presentar unha moción co obxectivo de que o Concello de Boqueixón recupere o servizo de abastecemento de auga, agora en mans da concesionaria Espina y Delfín.
Isto é o que recomenda o informe realizado polo Servizo de Asistencia Económica a Municipios da Deputación da Coruña.
Tal e como se amosa na propia moción (que se adxunta), a ampliación da concesión realizada no ano 2006, e que ampliaba a concesión inicial do ano 2013 ao 2043, foi realizada de xeito irregular, con grandes vicios, e que leva aparellado grandes custos aos usuarios.
A concesión da auga foi un cúmulo de chantaxes da propia empresa ao Concello, sempre coa complicidade do equipo de Goberno. Esquemáticamente:
Concesión administrativa inicial: No 2004 realizouse a concesión cun prego de
clausulas e un prazo ata finais do 2013.
Prórroga da concesión no ano 2006: A instancias da propia empresa amplíase o prazo
do ano 2013 ao 2043 (30 anos máis);
Ano 2012: As tarifas dos usuarios increméntanse en máis dun 30%.
Ano 2012: O concello tenta adiantar o canon enerxético anual que a empresa tiña que
aboar, ao fin de obter liquidez pero a cambio de renunciar a máis de 1.300.000 €, tal e
como sinalaba o informe emitido pola propia secretaría do concello.
O concello de Boqueixón asumiu os custos enerxéticos: En contra do prego de
clausulas administrativas da concesión e do contrato asinado, o concello asumiu os
custos enerxéticos do servizo cando estes deberan ser pagados pola propia empresa,
tal e como se reflicte no informe elaborado pola Deputación.
Tal e como temos expresado en distintas sesións plenarias, debe apostarse por unha xestión directa. O concello conta cos suficientes medios para expedir os recibos e podería dotarse dunha pequena cuadrilla a tempo parcial para os arranxos na rede que sexan necesarios.
O custo do servizo sería menor que realizado a través de empresas privadas, permitindo así unha rebaixa no recibo da auga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario