Brión - presentación programa de telexerontoloxía

BRIÓN ACOLLE HOXE XOVES A PRESENTACIÓN DUN PROGRAMA DE TELEXERONTOLOXÍA DESENROLADO POLA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA MAIORES DE 60 ANOS
Permite aos usuarios acceder a contidos multimedia, disfrutar de asistencia por videoconferencia ou someterse a probas de saúde
O centro social polivalente de Pedrouzos acollerá hoxe xoves 8 de novembro, ás 11:00 horas, a presentación dun programa de telexerontoloxía desenrolado pola Universidade da Coruña e destinado a maiores de 60 anos. Trátase dunha iniciativa que permite aos usuarios acceder a contidos multimedia, disfrutar de asistencia por videoconferencia e mesmo someterse a probas de saúde. O programa será presentado pola psicóloga María José Fares e o acto contará coa presenza do alcalde de Brión, Xosé Luís García.

Ningún comentario: