Ante as novas feitas públicas por diversas forzas políticas de Padrón, o BNG de Padrón quere recordarlle ás propias forzas partícipes nas declaración, pero sobre todos a todos os padroneses o seguinte:
1.-Tras o día das eleccións, o PGD, ponse en contacto co BNG para unha reunión. Nesta, o PGD non propuxo ningún proxecto, nin plantexou ningunha alternativa que non fose a súa votación como alcalde no pleno de investidura. O BNG manifestoulle que tal o que leva repetido na campaña, que non pactaría co P.P. nin co PGD, por ter pactado co P.P. e non ter garantías de que non o volvese a facer.
Mantivemos unha reunión de cortesía co PP, a petición destes, pero NINGÚN outro partido solicitou reunión algunha co BNG.

2.- Hai oito anos o BNG votou ó candidato do PSOE para que se proclamara alcalde de Padrón, sen ningunha contrapartida. O BNG apostou por un cambio que, por desgraza, non deu os resultados esperados.
Hai catro anos o compromiso do BNG era votar coma alcalde ao candidato do PSOE no caso de que fose capaz de constituír unha alternativa ao P.P. Pero non foi capaz de facelo. O candidato do PSOE acusou daquela ao partido galeguista -socio necesario e principal para esta alternativa- de dobrez, e mesmo de que “maniobraron a espaldas da agrupación socialista de Padrón” (…) poñendo de manifesto os seus verdadeiros intereses e o menosprezo aos os votantes padroneses” polo que declaraba Forján: "non apoiaremos as súas aventuras para que acaden a alcaldía"

3.-En xuño de 2012 o PGD firmou un pacto de goberno co P.P., que segundo o PSOE, rachou por intereses electorais do PGD.
O PACTO
http://www.elcorreogallego.es/ …/idEdicion…/idNoticia-750719/
http://www.lavozdegalicia.es/… /pac…/0003_201306S11C99914.htm
O PACTO
4. O mesmo PSOE, que non foi capaz de artellar unha alternativa ao goberno do P.P. hai catro anos, e que descualifica tan duramente ao PGD, pretende participar nunha amalgama de intereses personalista e aventureiros con ideoloxías contrapostas. Máis ben parece que o candidato do PSOE non quere outra cousa que xustificar a súa incapacidade de liderar unha alternativa ao P.P. e xustificar tamén o cambio de opinión respecto do PGD.
5.- O BNG non vai someter a Padrón a experimentos de candidaturas de comportamento errático no pasado e impredicible no futuro.
En política non todo vale. No BNG dicímolo e practicámolo. No concello de Padrón vai haber unha forza seria que vai traballar por Padrón onde a puxeron os padroneses. E dende logo contra as políticas do P.P. Esta forza é o BNG. O resto tomarán postura dependendo da conveniencia do momento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario