BNG Ordes . renuncia dos concelleiros Gonzalo Castro e Monserrat Rei

OS DOUS CONCELLEIROS DO BNG DE ORDES RENUNCIAN POR RAZÓNS PERSOAIS
Os dous concelleiros do BNG de Ordes, Gonzalo Castro e Montserrat Rei, formalizaron a súa renuncia como membros da Corporación Municipal.

O até agora portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, afirmou que “razóns persoais de peso obrigánme a deixar o meu cargo de concelleiro, pero manteño e reforzo o meu compromiso para traballar por un concello de Ordes xusto, próspero e máis democrático”. As mesmas razóns motivaron tamén a renuncia da súa compañeira de grupo político, Montserrat Rei.

Tanto Castro como Rei salientaron o agradecemento “aos compañeiros do BNG de Ordes por ter confiado en nós para representar e defender aos nosos veciños”.

Os concelleiros nacionalistas serán sustituidos por Ramiro Recouso (que xa foi canidato áalcaldía polo BNG en tres ocasións) e Pablo Vidal (actual responsábel local da formación nacionalista) que lamentaron que “deixe a Corporación a persoa máis cualificada, políticamente e intelectualmente, para gobernar Ordes”, en referencia a Gonzalo Castro.

Ningún comentario: