Silleda - o concello contará con 12 empregados por medio do plan provincial de emprego

O Concello de Silleda contará cun equipo de 12 operarios, a través do Plan Provincial de Emprego
-A selección realizarase a través do Servizo Galego de Colocación 
-Traballarán durante 6 meses, a media xornada, na limpeza de vías, sendeiros e acondicionamento de áreas recreativas e turísticas

O Concello de Silleda contará, a través do Plan Provincial de Emprego, con equipo de 12 operarios. Este personal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, adicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan de limpeza, acondicionamento e mellora de infraestructuras. 

Así realizarán tarefas nos centros culturais e áreas de lecer do rural, obras de mantemento de viais e reparación de mobiliario urbano, limpeza de rúas, ou acondicionamento limpeza e sinalización de áreas recreativas e turísticas.

O equipo estará composto por 2 peóns de construcción, outros dous de pintor, 4 varrendeiros, 2 xardineiros, e dous traballadores forestais.

A selección será realizada a través do Servizo Galego de Colocación (Oficina de Emprego). Estes contratos serán de intereses social a tempo parcial (25 horas semanais) e terán unha duración de 6 meses, dende o 1 de xuño ao 30 de novembro. 

Ningún comentario: