Ordes - este venres nova "Tarde de contos e lendas" na biblioteca

As Tardes de contos e lendas da biblioteca de Ordes ofrecerá este venres o relato ‘Lola e a súa caixiña’
A cita está especialmente orientada ós nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos. Será a partir das 18.30 horas e nela tamén poderán participar os pais, nais e acompañantes. 

A biblioteca municipal de Ordes acollerá este próximo venres unha nova entrega das súas Tardes de contos e lendas. A partir das 18.30 horas o grupo Duendecico ofrecerá o relato ‘Lola e a súa caixiña’. A través desta actividade, especialmente orientada a nenos e nenas entre 3 e 8 anos de idade e na que tamén poderán participar pais, nais ou coidadores, o Concello de Ordes pretende inculcar o hábito á lectura entre os máis novos. Á par se lles ofrece aos máis novos unha primeira toma de contacto coa biblioteca e a súa ludoteca, amosándolles os fondos e as actividades das que poden dispoñer e disfrutar ó longo de todo o ano. 

Ningún comentario: