Tal e como anunciei no pleno do pasado 14 de novembro, no día de onte ingresei 163,20 € na conta do Concello con destino ao departamento de Servizos Sociais.
Tento así solidarizarme cos traballadores do concello que inxustamente perden a súa paga extra, animar a todos os concelleiros a facer o mesmo para así tentar aliviar as situacións máis extremas do concello de Boqueixón.
Tal e como se propuxo no pasado pleno, no día de onte realicei un ingreso de 163,20 € na conta do concello, correspondente ao 10% das retribucións líquidas que percibirei polas asistencias a plenos e comisións durante o presente 2012.
Con esta medida, persíguense tres fins:
Primeiro: Solidarizarnos cos traballadores do concello que perden inxustamente a súa paga extra como motivo dos “recortazos” do goberno de Rajoy.
Segundo: Buscar a complicidade de todos os concelleiros da corporación ao fin de que cedan parte das súas dietas.
Terceiro: Destinar estes recursos extras ás familias que están nunha situación de emerxencia social por mor da crise, ao fin de que poidan pasar as datas do nadal “un pouco mellor”.
Tal e como se argumentou no pleno do pasado mércores, así como no escrito que se adxunta a presente nota prensa, destacamos o noso máis profundo rexeitamento ás políticas inxustas de recortes promulgadas polo goberno de Mariano Rajoy, seguidas e secundadas tamén polo satélite que ocupa as dependencias de San Caetano. E ainda resulta máis inxusto e bochornoso que as medidas de recortes recaian sobre as camadas traballadoras, e que polo “sacrosanto” principio da “autonomía local” non recaian do mesmo xeito sobre os representantes políticos dos concellos.
É así, que máis aló da efectividade, está é unha medida ética e estética que tenta solidarizarnos cos traballadores do Concello. Mais se realmente existe complicidade de todos os concelleiros, as cuantías serían xa interesantes, e os servizos sociais terían uns recursos adicionais que poden distribuir entre as familias con máis problemas económicos do Concello de Boqueixón, sobre todo de cara a estas datas de nadal
Ningún comentario:
Publicar un comentario