Teo - prazo para inscribirse no Diverteo Nadal

ÁBRESE O PRAZO PARA ANOTARSE NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DIVERTEO NADAL
O número de prazas é de 145 e o acceso regúlase por rigurosa orde de inscrición
A Concellaría de Educación, dirixida por María Álvarez Garea, informa que dende hoxe está aberto o prazo para anotarse no programa de conciliación Diverteo Nadal. Este servizo que funciona nos períodos de vacacións escolares realizarase nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa e será operativo nesta edicións os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e os días 2, 3, 4 e 7 de xaneiro. O horario do servizo será de 08:00 a 14:30 horas. 

O prazo para anotarse está aberto entre o 19 de novembro e o 7 de decembro. Esta información é de interese xa que non se admiten solicitudes fóra de prazo. A maiores lémbrase que o acceso ó servizo se fará por rigurosa orde de inscrición. As fichas de solicitude pódense recoller no Concello ou descargar da web municipal e deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e os sábados de 09:00 a 13:00 horas. A titular de Educación explica que as prazas ofertadas son 145 e 5 máis de reserva para casos de emerxencia social. Unha vez rematado o período de solicitude publicarase a listaxe de admitidos a partir do 13 de decembro na web www.concellodeteo.com e no taboleiro de anuncios do Concello. 

Este servizo, que mantén unha demanda estable en todas as edicións nos últimos cursos, ten un custe de tres euros por día e participante. Neste nadal o custe será de 27 euros. Dende o Concello establecéronse bonificacións e exencións na ordenanza que regula o prezo deste programa. Entre outros poderanse beneficiar de descontos na cota familias numerosas, nenos/as con discapacidade, unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior ó 50% do IPREM. Tamén haberá casos nos que a exención pode ser total en casos de emerxencia social acreditados polos Servizos Sociais municipais, familias nas que todos os membros estean en situación de desemprego, ou unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior ao 25% do IPREM.

Ningún comentario: