O Concello de Mesía convoca un novo campus municipal de fútbol 7
22-02-2011.- O campo de fútbol municipal de céspede artificial, situado en Visantoña, acollerá o luns 7 de marzo unha nova edición do Campus de Fútbol 7 do Concello de Mesía. O departamento de Deportes ten xa todo preparado para unha xeira na que, a partir das 16:00 horas, os participantes poderán aprender a mellorar as súas técnicas deportivas e xogar unha pequena liguiña.
O campus constará de tres categorías de idade, para rapaces e rapazas de entre 6 e 17 anos. A primeira, a categoría mini, é para os de 6 a 9 anos. Na categoría media estarán os de 10 a 13 anos, e na maxi os de 14 a 17.
Todos os interesados poden inscribirse xa na Casa da Cultura (981 68 72 41) antes do 4 de marzo. As inscricións poden efectuarse por grupos de catro xogadores/as da mesma categoría ou por xogadores/as individuais, que se enmarcarán en equipos o día do campus.
A organización distribuirá bebidas entre todos os participantes e tamén haberá premios ao equipo gañador e ao equipo que amose un espírito máis deportivo.
Esta actividade, na modalidade de fútbol, xa fora programada nas vacacións escolares de Nadal, cando contara coa participación de máis de 30 rapaces e rapazas do municipio. Os campus deportivos teñen como obxectivo complementar ás escolas deportivas municipais, que teñen cubertas unhas 400 prazas con clases estables durante todo o curso académico e programación específica nas vacacións de verán, tanto para nenos como adultos e terceira idade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario