Agrupación Socialista de Oroso

93 FAMILIAS DE OROSO PERDERON A GRATUIDADE DOS LIBROS ESCOLARES COA XUNTA DO PP.

As familias de Oroso tiveron que desembolsar 22.000 euros para que os seus fillos puidesen estudiar, fronte á gratuidade total que establecera o goberno socialista.

 

A Agrupación Socialista de Oroso denuncia que un total de 93 familias do municipio non recibiron ningún tipo de axuda económica para a compra dos libros de texto escolares por culpa da decisión da Xunta do Partido Popular de suprimir a gratuidade dos libros de texto. Unha decisión que supón que o 63,24% das familias de Oroso perderon a gratuidade dos libros escolares, segundo recollen os datos ofrecidos pola propia Consellería de Educación.

O modelo implantado polos populares fixo que seis de cada dez nenos e nenas de Oroso escolarizadas no CEIP de Sigüeiro tiveran que facer este ano desembolsos de ata 200 euros para pagar os libros de texto, cando o ano pasado os recibiron totalmente de balde grazas ao modelo de préstamo implantado polos socialistas.

 A política mal entendida de aforro do Goberno de Alberto Núñez Feijoo fixo que a Consellería de Educación investira un 48,12% menos en axudas económicas ás familias de Oroso, pero obrigou aos veciños e veciñas orosáns a desembolsar case 22.000 euros dos seus petos para que os seus fillos puidesen estudiar. E todo isto en plena crise económica. Porque se o Goberno de Emilio Pérez Touriño cubrira os máis de 45.000 euros do custe dos libros escolares para as familias de Oroso, o Partido Popular rebaixou esta cifra ata os 23.626 euros. 
Este  modelo que o Señor Nuñez Feijoo ven a ser unha liñea que a actual Xunta de Galicia entende comos de aforro a costa de que os cidadáns teñamos que soportar unha medidas total mente desafortunadas e que para nada favorecen que os cidadáns puidamos afrontar a actual situación economica.

Os Socialistas de Oroso esiximos o Partido Popular que a educación e o ensino deben ser un ben de todos, e que as medidas a tomar pasan por reconciliar a facilitar as familias medidas de aforro e conciliación da vida laboral e familiar, e estas medidas non pasan polo recorte das prestacións, veñen dadas por  medidas de apoio como as postas en marcha polos socialistas na anterior lexislatura e polo tanto deben aproveitarse estas iniciativas e si acaso fomentalas, mais nos tempos que nos toca a vivir e máxime cós mais necesitados.

Lembrarlle tamén os populares que estas decisións desafortunadas forón tomadas no seu día sen tempo para o debate, sen contar coa opinión dos grupos politcos e sen contar coas familias, verdadeiros afectados e o que é peor sin que as familias tivesemos opcións de planificar o que se nos viña encima.


E recordalle o Partido Popular de Oroso que no verán pasado cando se tomaron estas medidas,"démonos un tempo para ver os resultados que marcaran unha mellora" forón as  palabras da voceira popular MºJose Mira, pois a mellora e ben clara…o desenvolso de mais diñeiro para as familias, por certo a voceira popular pideu un tempo, tempo que o Goberno do Sr. Nuñez Feijoo non nos dou ás familias para poder dixerir estas medidas.

Estes son os acordos que tomaron os populares.. menos prestacións para as familias e maís recortes en educación, e o mesmo tempo nun etapa de crisis económica medidas que pasan porque os cidadáns paguemos mais, esperemos que non sexa esta a linea a seguir, pois entendemos que o ensino e a educación son un dos grandes pilares que temos para dar os nosos fillos, de eso sabemos ben no Concello de Oroso.

Maís información na web :www.oroso.psdeg-psoe.org
oroso@psdeg-psoe.org

Ningún comentario: