NOTA DE PRENSA CONCELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DO EXCMO. CONCELLO DE PADRÓN


A Concellería de Cultura e Turismo do Excmo. Concello de Padrón, presentará hoxe 21 de decembro de 2009, ás 20:00 h no Auditorio Municipal, a primeira Guía da Hostalería que se fai no Concello, co obxectivo de complementalo Plan de Dinamización Turístico, posto en funcionamento fai dous anos en que me fixen cargo de responsabilidades de goberno.

Con esta ferramenta informativa, pretendese que o turista, viaxeiro ou peregrino dispoña dunha completa información sobre os establecementos hostaleiros padroneses, das especialidades e servizos que se ofertan nos mesmos e de difusión das materias primas e produtos que se poden adquirir na Vila de Padrón, berce das tradicións xacobeas.

. A guía conta cun orzamento de 9.498,93 € e ten unha tirada de 25.000 exemplares, nela anúncianse gratuitamente 109 establecementos divididos en seccións de: Restaurantes, Bares e cafeterías, Mesóns/Tascas e Pulperías. Hoteis, hostais, Casas de Turismo Rural e Outros Establecementos. Conta asemade cunha breve axenda telefónica dos principais teléfonos de servizos básicos do Concello.

A publicación financiase integramente pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña a quen lle agradecemos publicamente o seu patrocinio e o compromiso nesta tarefa de difusión turística do municipio, xa que sen o súa colaboración esta publicación non sería posible

A coordinación xeral de contidos foi realizada polo Concelleiro de Cultura o deseño da publicación é obra de Serxio Suárez.

Esta publicación ven a sumarse á posta en funcionamento de 4 roteiros culturais, a unha nova guía turística de Padrón e un plano do turístico do municipio, así como unha bolsas conmemorativas da tradición xacobea de Padrón, traballos que se levan realizados durante os dous últimos anos de xestión municipal co obxecto de contribuír á difusión turística dos nosos recursos.


Eloy Rodríguez Carbia

Concelleiro de Cultura e Turismo

Ningún comentario: