600.000 euros nunha silveira
O PP e Unión Fenosa construíron en 2005 un centro ictioxénico do río Ulla, situado na desenvocadura do Río Vea, que nunca chegou a funcionar e que custou 600.000 euros
En maio de 2005, xa nos últimos días do goberno Fraga, comezan as obras do Centro Ictioxénico do Río Ulla, situado na
desenvocadura do río Vea, promovido por Unión Fenosa e coa colaboración da Consellaría de Medio Ambiente; o custe total da obra, que rematou o 31 de outubro de 2005, foi de 600.000 euros. Este centro, en teoría, serviría para repoboar o río Ulla de salmón, peixe moi abundante noutras épocas, pero non na actualidade, xa que o seu ecosistema está moi afectado polos encoros situados ao logo do río Ulla, entre outras cuestións.
Este centro ictioxénico nunca chegou a funcionar, atopándose hoxe totalmente abandona e no medio dunha silveira, tal e como se pode apreciar nas imaxes.
Ante esta situación, o BNG presenta a través da Deputada Teresa Táboas unha batería de preguntas para saber se o goberno do PP pensa por a funcionar este centro ictioxénico para recuperar o salmón do río Ulla. Ao mesmo tempo, o BNG tamén quere saber se o PP vai permitir a construción de máis centrais hidroelécticas no río Ulla.
--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
Responsábel Local do BNG da Estrada
http://twitter.com/ixosemanuel


Ningún comentario:
Publicar un comentario