(sin asunto)

begin:vcard
fn:Manel Pardo
n:Pardo;Manuel
email;internet:mpardo65@gmail.com
version:2.1
end:vcard

O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME NUN BLOQUE DE EDIFICIOS EN BERTAMIRÁNS


O sinistro tivo lugar na avenida da Mahía 52 debido á combustión dunha caixa de contadores da luz e parte da instalación eléctrica do inmoble


16 de decembro de 2009.- O Servizo de Emerxencias de Brión (SEBRI) extinguíu esta tarde un lume urbano declarado nun bloque de edificios en Bertamiráns (Ames). Un lume declarado na caixa de contadores da luz e na instalación eléctrica do inmoble e no que só houbo que lamentar danos materiais.


Tres membros do SEBRI desprazáronse ata o Bertamiráns con tres vehículos (a Bomba Urbana Lixeira, a motobomba e a pick-up) ás 13:20 horas, alertados pola Policía Local de Ames, quedando extinguido o lume ás 14:45 horas. A gran fumareda existente na vivenda alarmou moito aos propietarios das vivendas, pois o fume mesmo chegou ao interior dos pisos. Finalmente, os membros do SEBRI sofocaron o lume e agardaron ata a chegada dos electricistas.


Con esta intervención, o Servizo de Emerxencias de Brión xa leva extinguidos un total de 36 incendios urbanos nos distintos concellos da contorna. Ames é o municipio que máis solicitou neste ano os servizos dos membros do SEBRI, coa de hoxe suma 21 actuacións. Séguenno Brión (6) e Teo (5), ademais dunha intervención nos municipios de Negreira, Boiro, Rois e Padrón.

Ningún comentario: