Ames - Transporte adaptado para as eleccións municipáis

O Concello de Ames pon á disposición das persoas con dificultade de mobilidade un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións municipais domingo 24 de maio de 2015. Este transporte adaptado ofrece o servizo de recollida no seu domicilio, traslado ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.

O vehículo dispón de nove prazas para persoas sentadas e dúas prazas para cadeiras de rodas. Polo tanto o microbús do servizo de transporte adaptado municipal dispón dun total de once prazas. O vehículo complétase coa condutora e a auxiliar de transporte que axuda a todas as persoas usuarias a subir e baixar do vehículo.

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cos encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000. Para facer a reserva do servizo haberá que chamar ata o venres 22 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Deste xeito todas as persoas que sufran algún tipo de minusvalía disporán dun servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.

Con este servizo preténdese facilitar a vida diaria e o exercicio de dereitos, neste caso do dereito democrático ao voto, a todos aqueles veciños afectados por unha minusvalía física que lles impide o seu desprazamento en vehículo propio ou transporte público non adaptado.

Ningún comentario: