Ames - Entregáronse os premios do Campionato de Tute

Entréganse os premios do campionato de tute que organizou o Concello de Ames
O alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, e o concelleiro de Urbanismo, Vías e Obras, Alfredo Taboada, fixeron entrega dos premios ás tres mellores parellas.

Por segundo ano consecutivo o Concello de Ames, a través da concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizou un campionato de tute, que se desenvolveu na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns entre o 24 de febreiro e o 16 de abril. Neste campionato participaron un total de 24 parellas. Esta iniciativa rematou o venres pasado cunha cea na que participaron 60 persoas. Antes da cea o alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, e o concelleiro de Urbanismo, Vías e Obras, Alfredo Taboada, fixeron entrega dos premios ás tres mellores parellas.

Parellas participantes no campionato
O tute é un dos xogos de cartas con máis tradición en Galicia. Son moitos os que sentan arredor dunha mesa para pasar un anaco de tempo entretido xogando a este xogo de cartas. Por iso, dende o Concello de Ames, a través da concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizaron un campionato de tute, que se desenvolveu na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns entre o 24 de febreiro e o 16 de abril. Neste campionato participaron un total de 24 parellas.

O venres pasado, 25 e abril, púxose fin a esta actividade municipal cunha cea na que participaron unhas 60 persoas. Antes da cea o alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, e o concelleiro de Urbanismo, Vías e Obras, Alfredo Taboada, fixeron entrega dos premios ás tres mellores parellas. O primeiro premio foi para a parella composta por José Blanco e Manuel Dos Santos; o segundo premio gañárono José Barca e José Verde; e o terceiro e último premio recaeu na parella composta por José Cierto e José Rodríguez.

A concelleira de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, destacou que “o campionato de tute tivo un gran éxito de participación xa que preto de 50 persoas participaron nesta iniciativa municipal”. María Carmen Verde engadiu que dende a súa concellaría xa se está traballando para organizar unha nova edición do campionato de dominó, que tamén se desenvolverá na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. “Trátase de iniciativas a través das cales se pretende que a veciñanza amiense pase un anaco agradable xogando as cartas ou ao dominó ao tempo que se relaciona e se socializa con outra xente do municipio”, explicou a concelleira.

Ningún comentario: