O Grupo Municipal Socialista esixe ao goberno local que acometa, no menor tempo posible, unha serie de obras e arranxos importantes para os veciños de Negreira.
Entre estas obras atópanse algunhas de maior calado e que polo tanto entendemos non se poden acometer de seguido, pero que tamén esiximos que se inclúan no seguinte plan de obras municipal ou a súa vez se consiga algún investimento doutras administracións para levalas a cabo
Estas poden ser: o arranxo da estrada que une Portor coa estrada de Santiago, pista que ten un asfalto desgastado e importantes vadéns.
Tamén se debe efectuar unha limpeza exhaustiva da pista que une Portor con Rebordáns e o límite do Concello co A Baña.
Na parroquia de Covas se debe arranxar unha pista interior en Trians que conta cun asfalto moi deteriorado.
En canto a obras e actuacións pequenas que o noso Grupo esixe se fagan de inmediato están: Colocación da baramdilla da Ponte dos Castros en Vilachán, limpeza e desatasco da unión da estrada a San Martiño co Camiño de Fisterra e o arranxo dun burato que hai no cruce da pista da Abeanca con Burreiros, burato que está moi perigoso e que gracias á desidia do Alcalde e os seus concelleiros leva nese estado e tapado malamente cun cono varias semanas( adxuntamos fotogafía ).
E por último esiximos que de inmediato se faga unha revisión completa do tramo do Camiño de Fisterra que cruza o noso municipio e se fagan as actuacións precisas para deixalo nun estado óptimo.
Temos que ter en conta que a partires de agora iníciase a tempada forte de chegada de peregrinos e debemos facilitarlle o tránsito polo noso concello.
A imaxe do Camiño de Fisterra e o seu estado é a imaxe que miles de peregrinos vai levar e difundir polo resto do mundo.
O Grupo Municipal Socialista confía que o goberno local faga caso ás nosas demandas e ás dos veciños e acometa canto antes estas actuacións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario