Ames Novo - Non hai orzamento no 2014 para o centro de saude do Milladoiro

O Centro de Saúde do Milladoiro non dispón de orzamento para iniciar a construción en 2014

 Os orzamentos da Xunta de Galicia recollen unha partida ridícula para o Centro de Saúde do Milladoiro, mentres o PP rexeitou unha emenda de Alternativa Galega de Esquerda para poder construílo. A portavoz de Ames Novo, Pilar Candocia, e a voceira de AGE no Parlamento galego, Eva Solla, visitárono para falar directamente coa responsable profesionais do Centro, tanto do novo edificio como das nefastas condicións do actual.

Hai unhas semanas Ames Novo deu conta da situación na que se atopa o Centro de Saúde, que ven de moitos anos atrás, do desbordamento dun centro pensado para un núcleo de 3.000 persoas cando se construíu e que hoxe son máis de 12.000, e do abandono tanto por parte da Xunta como do goberno local.

A portavoz de Ames Novo, Pilar Candocia, e voceira de Sanidade no Parlamento, Eva Solla, mantiveron un encontro coa responsable e distintos profesionais do Centro, na que puideron coñecer de primeira man a situación alarmante na que se atopa o centro e as dificultades que teñen que padecer os profesionais, e especialmente algúns pacientes, que se ve agravada co peche dunha das salas pola entrada de auga. Comprobamos moitas cousas xa sabidas, que a entrada de auga no edificio sucede desde hai moitos anos e que o problema do deterioro ten que ver coa falta do mantemento por parte do Concello e da Xunta. Transmitíronnos tamén a frustración de ver moitos anuncios previos de intervir que nunca se levan a cabo, nun Centro abandonado ata o punto de que no medio da entrada hai unha lámpada con auga dentro (!!!).

Pola nosa parte trasladámoslle dúas inquietudes. Primeiro denunciar que a partida recollida para o novo Centro é ridícula: 19.937,97€, cando no ano 2013 era 2.776.085,29€ (ver anexos), dicir tamén que na tramitación parlamentaria, Alternativa Galega de Esquerda presentou unha emenda para que se recollesen 2.800.000€ con ese destino e foi rexeitada polo Partido Popular. Queremos manifestar ademais a nosa dúbida sobre a vontade real da Xunta para construír o centro, xa que coñecemos diversos casos en Galicia que xa dispoñían da parcela e a partida orzamentaria, e anos despois están agardando o comezo das obras.

No referido ao Concello xa foi advertida a incapacidade deste goberno e do anterior para poñer a disposición a parcela, o que nos sitúa 6 anos despois no punto de partida, sen terreo e tendo que recorrer ao contemplando para Parque de Bombeiros como alternativa viable -parcela suficiente, non xudicializada e dispoñible no planeamento urbano-. Ames Novo considera esta alternativa bastante peor que a anterior pero dada a necesidade apremiante de dispor dunha nova parcela queremos valorar a posible nova ubicación coas diferentes entidades do Milladoiro esa proposta, polo que iniciou conversas neste sentido, comezando polos profesionais do Centro. 


ORZAMENTO 2013

























ORZAMENTO 2014

Ningún comentario: