Tras a celebración da Comisión Informativa do luns 14/01 e o pleno ordinario de hoxe 17/01, no que o equipo de goberno bipartito (PP-PGD) do Concello de Padrón, someteu a aprobación as obras do POS 2013. O grupo político C.I.Pa tivo que absterse na aprobación das obras de:
Plan principal.
Saneamento Muiños-Tarrío (Escravitude) e outro por importe de 66.151,11.
Mellora da rede de saneamento e instalación de bombeo en Extramundi de Abaixo por importe de 34.220,32 Total = 100.371,43.
Destinar 111.862,34 € a gasto corrente que o goberno di destinar a mantemento do alumeado público municipal e subministro de enerxía eléctrica para o alumeadoPlan complementario
Pavimentación e acondicionamento de pista veciñal no lugar de Lamas – Extramundi por importe de 33.830,56 €.*Esta última obra só se executará no caso de que se produzan baixas no Plan provincial.
Os motivos da nosa abstención resúmense en:
a.- O equipo de goberno acostuma a presentalos proxectos a última hora cos prazos a piques de rematar.
b.- A continua corrección de erros tipográficos e de planimetría nos proxectos, debido o pouco interese en revisala documentación que presentan os técnicos. Proba delo é a emenda que o goberno acompañou ao proxecto de abastecemento de Extramundi e que nos entregaron o día 16, despois de que o 14 se celebrara a comisión informativa.
c.- A escasa consistencia das actuacións que denotan unha carencia de planificación e visión xeral para solucionar os problemas, quitándoos dun lado e levándoos para outro. Pretenden conectar tramos de alcantarillado en depuradoras que constantemente están a dar problemas coas bombas de funcionamento, inundando de inmundicia incluso casas particulares ( como acontece no lugar de Cambelas- Pazos- Iria Flavia). En vez de apostar pola retirada destas depuradoras e a conexión de todo o alcantarillado (paulatinamente) ao colector xeral que conduce a depuradora de Padrón.
d.- Non arbitran medidas para proceder a unha separación selectiva de pluviais e fecais que ao recollerse na mesma tubaxe producen ateigamentos e vertidos en vías públicas e fincas particulares, principalmente nas épocas de choivas (caso de Extramundi: zona das pistas do río vello e da Besadiña- Extramundi Abaixo)
En canto ao plan complementario pretenden asfaltar unha pista en terreos inundables, sen as debidas garantías de asfaltado que debería ser en quente e non en frio, sen garantír previamente a apertura de aliviadoiros cara o río Sar; co cal en pouco tempo o vial volverá a estar chea de fochancas. Incluso pretenden actuar sobre un aliviadoiro por debaixo da estrada de conexión Scala-Cortizo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario