OS SOCIALISTAS DE VEDRA ESIXIMOS QUE SE DEMOSTRE O SUPOSTO AFORRO NAS CONTAS MUNICIPAIS
Vedra, 20 de xaneiro de 2012. “Falso e enganoso”. Así calificamos dende o Grupo Municipal Socialista de Vedra o anuncio do aforro nas contas municipais acadado polo goberno de Martínez nos últimos sete meses.
Segundo nos consta ao Grupo Socialista, os case 130.000 euros que din aforrar, veñen, non de reducir os gastos de protocolo, entre outros, senón de aproveitar a caixa única coa que se xestionan os fondos do concello e de non pagar a construtores e proveedores por obras rematadas e financiadas mediante convenios coa Deputación Provincial da Coruña, cuxos cartos xa foron ingresados hai meses nas arcas municipais. Fan propaganda de aforro cuns cartos xa gastados e polos que están a esperar as empresas que fixeron as obras.
Así mesmo, dende o Grupo Socialista cuestionamos o que os populares dan en chamar “austeridade”. A redución do gasto dos órganos municipais vén imposta pola caída en picado de licenzas de obras e demáis actividades ecómicas. Sobre as quilometraxes que deixan de cobrar o Alcalde e a Concelleira de Obras, os socialistas manifestamos que debería darlles vergonza mencionalos tan sequera, porque se un non traballa, non ten quilometraxes que pasar, como é o caso de Martínez e Piñeiro, e aseguramos que en 7 meses de goberno, levan executado o “nada por cento” do seu programa electoral. “O máis con menos” é palabrería barata. Deberían centrarse en atender as necesidades dos veciños e veciñas en non en seguir as diretrices de propaganda do partido.
Por todo isto, dende o Grupo Socialista imos solicitar informes á Intervención para comprobar de xeito fehaciente a procedencia e a contía deste suposto aforro. Así mesmo, estamos a valorar pedir a comparecencia en pleno da Concelleira de Economía e Facenda, a propia Piñeiro, que sería a primeira da lexislatura, para que explique o estado das contas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario