A alcaldesa de Melide considera inadmisible a oposición dos socialistas melidenses en canto ao alumeado público
O Concello de Melide presentou o proxecto de acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética do alumeado público en varias rúas de Melide que se financiará a través do DTC da Deputación da Coruña e para o cal obtivo todos os permisos e informes favorables para solventar os problemas herdados dos malos investimentos do anterior goberno local.
O problema do alumeado melidense do centro da vila ven herdado da época do bipartito cando se lle otorgou o monopolio tanto da obra como do suministro a unha empresa en Galicia que ten un sistema único e propio, sen axeitamento aos prezos de mercado.
O goberno local ao fronte do cal se encontra a popular Ánxeles Vázquez considera inadmisible as desinformacións do portavoz socialista, José Prado sobre o alumeado público da vila. Foi este goberno quen ven de presentar un proxecto de 39.843,53 € para solventar as deficiencias que posúe o alumeado no centro urbano, co fin de mellorar a eficiencia enerxética e diminuír o gasto por luminaria.
O executivo local ten que actuar de novo nas mesas zonas nas que xa actuara o bipartito na anterior lexislatura debido aos grandes problemas de iluminación, contaminación e falta de aforro enerxético que supoñen para o Concello as actuais lámpadas. O motivo en actuar sobre as mesas luminarias non é outro máis que o monopolio que exerce unha empresa sobre os recambios e o mantemento das farolas supoñendo un custo elevadísimo con respecto aos prezos de mercado libres para ese tipo de compoñente – o cambio dunha reactancia por parte do Concello ascende a 150 € tendo en conta que o prezo medio de mercado libre é de 40 €. Recordar ademais que o bipartito acometeu actuacións por valor de 210.000 € nas mesmas zonas sendo este investimento a luz dos problemas ocasionados hoxe en día un aforro mínimo para as arcas municipais véndose o executivo local obrigado a ter que actuar de novo para solventar os problemas de iluminación.
Estas son as consecuencias de catro anos dun bipartito con decisións irresponsables, sen respaldo técnico que deron lugar que o actual equipo de goberno teña que facer un sobre esforzo; sen mencionar a consecuente perda de oportunidades para os melidenses, lembrando que cada unha das luminarias do centro urbano da vila acadou un custo de 6.000 €, concluíndo que se alguén cometeu unha neglixencia, -e ademais demostrable- foi o bipartito. O goberno local logo da reunión dos técnicos tanto locais como das empresas eléctricas que traballan para o Concello determinou a investigación de determinadas actuacións no que se refiren ao alumeado público por non ter causa eléctrica determinante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario