Dende o P.G.D. de Padrón comunicase que a partires deste Luns día 17 de marzo os seus dous concelleiros presentaron a renuncia das súas responsabilidades nas áreas de goberno que tiñan asignadas.
Os motivos son de diversa indole, como a imposibilidade de levar a cabo o traballo do dia a dia e a de non compartir o mesmo camiño para conseguir un Padrón distinto do actual; nese camiño a seguir polo PGD considera que hai que reducir gasto público, sen mermar servizos.
Dende fai tempo nos víñamos trasladandolle ao resto do goberno, unha serie de propostas con este fin, sempre de maneira oral e con documentación e sempre ca mesma resposta esquiva ou negativa. A semana pasada entregamoslles de maneira escrita esas propostas para incluir nos orzamentos, pero non con intención de nin impoñer nin de chantaxear senon con intención de aportar, xa tendo claro a nosa postura de deixar o goberno.
Nesas propostas estan a retención de credito por importe de 10.000 euros para a elaboración da RPT ( Relación de Postos de Traballo ) do persoal do Concello, a RPT é un instrumento de xestión obrigatoria para a Administración Local, o Concello encontrase desprotexido frente a calquera reclamación contractual cos traballadores ante os tribunais laborais, a RPT organiza dun modo claro a distribución de responsabilidades e a situación de cada posto na escala xerarquica así como as características que afectan a retribución de cada posto de traballo, de modo, queda meridianamente claro para o traballador o que se espera del e para o Concello o que pode esixirlle ao traballador, e no caso de incumprimento pode aplicarse o expediente disciplinario como ferramenta de xestión para correxir as desviacións detectadas; tamén sirve como base para calificar un bo rendimento do traballador e polo tanto retribuílo convintemente, e con elo mellorase a xestión e rendimento da organización, polo que ca RPT pretendemos buscar un cambio, e o mesmo tempo unha mellora, tanto dos servizos públicos coma dos funcionarios.
Outra proposta foi a de contratar os traballos de aforro na facturación eléctrica do Concello cunha retención de crédito de 11.495 euros. Con esto os aforros que consideramos que se van a producir son os seguintes: 1º debido ao proceso de revisión da facturación e optimización da contratación, un 10% da facturación eléctrica total anual. 2º Debido ao proceso de concurso de suministro eléctrico en mercado libre, un 5% adicional ao anterior polo que sumando ambos términos, producirase como mínimo un aforro do 15% da facturación eléctrica municipal anual e este aforro seguirase repetindo ano tras ano; en números, o noso concello factura ao ano uns 400.000 euros en gasto de enerxía eléctrica, aplicandolle porcentaxe do 15% traducese cun aforro de 60.000 euros ano en facturación, e decir, o que invirte o Concello recuperao en tres meses aproximadamente a partir do momento en que esten activados os cambios que se van solicitar nas compañías suministradoras de enerxía eléctrica; despóis deste traballo e seguindo cas propostas feitas está a de Licitar o mantemento do Alumeado Público do noso Concello, xa que se estan pagando ao ano 130.000 euros nese servizo actualmente, cando noutros Concellos limítrofes co dobre de luminarias que Padrón e cun tempo de resposta menor por avería ou recambio paganse 90.000 euros.
Seguindo cas propostas a de Licitar o Centro Social, xa que dende que abríu sigue co mesmo licitador inicial e pagando ao Concello anualmente 120 euros por esa concesión.
E por quinta proposta a de Supresión de Suvención a Grupos Políticos Municipais que suporía reducción de máis de 8.000 uros anuais en gasto político.
O PGD ten apoiado decididamente os proxectos que o grupo de goberno nos propuxo, temos esperado pacientemente a que as nosas propostas fosen tidas en conta, lamentablemente comprobando como na maioría das ocasións eran postergadas ao esquezemento, é hora de que tomemos conciencia de que os cidadans e especialmente os que eventualmente fumos designados pola vontade popular, actuemos conforme a nosa conciencia, por todo elo hemos decidido deixar de apoiar ao Partido Popular.
Neste tempo sempre estivemos ao servizo dos veciños e veciñas que nos pediron consello ou axuda, tentando resolverlle os seus problemas, por eso seguiremos traballando pero agora dende a oposición, e apoiando sò o que consideremos que sea bó para Padrón e para os seus veciños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario