Ordes - XVI Festa do Lacón

O Concello de Ordes prepara a súa XVI Festa do lacón con grelos para os días 22 e 23 deste mes
Exhibicións de gando, esquilados de novillas, mostras de maquinaria agrícola e degustacións gastronómicas, música e baile forman parte do cartaz. Tamén haberá probas de arrastre e trote e un concurso de disfraces onde se entregarán máis de 1.000 euros en premios en ambos casos

Ordes 10 marzo 2014. O Concello de Ordes xa ten concretadas as datas de celebración da súa XVI Festa do lacón con grelos. Será durante a fin de semana do 22 e 23 de marzo na localidade de Mesón do Vento, na parroquia de Ardemil. Un ano máis agárdase a visita de milleiros de asistentes que desfrutarán de balde dunha das citas gastronómicas máis importantes da tempada en toda a provincia.
EDICIÓN 2013

Na primeira xornada as portas do recinto feiral abrirán dende as 10 horas para exhibir un gran número de cabezas de gando e de maquinaria agrícola. Ademis este ano tamén se habilitará un espazo adicado á venta de vehículos de ocasión. A partir das 11 horas tamén haberá unha exhibición de manexo e pelado de novillas así como de esquilado de ouvellas. Xa pola tarde realizarase un desfile e concurso de disfraces con máis de 1.000 euros en premios, e cuxa inscrición permanecerá aberta ata as 14 horas do 20 de marzo a través do teléfono 981 680 002. A festa e a diversión reinarán tamén durante a sesión vermú e a verbena, para o que se contará coa actuación en vivo e en directo de grupos musicais.

Xa o domingo as racións e bandexas de lacón con grelos comenzarán a repartirse de balde dende a media mañá polos distintos bares e establecementos do Mesón do Vento. Un día que tamén estará marcado polas probas de andadura federada galega de 2 e 4 tempos e as carreiras de trotóns, nas que nesta ocasión repartiranse máis de 1.000 euros en premios. Todo elo a partir das 12 horas. Non serán as únicas competicións xa tras o xantar tamén se celebrarán probas arrastre, tanto de gando vacún como cabalar. No caso desta última modalidade tamén se repartirán premios en metálico para os que acaden os mellores tempos. A partir das 20 horas, e xa para concluir, unha actuación musical porá o punto e final á festa neste último día de celebración.

Ningún comentario: