Axenda venres 13 decembro - Monologos, concertos, Curtocircuito, exposicións

9.00 h No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, participa no almorzo informativo orgnanizado por Fórum Europa Tribuna Galicia coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo. 
11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Dominguez, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, para presentar a actividade 'O Crebanoces'. Asiste tamén a actriz protagonista do espectáculo, Larraitz Urruzola.

12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local. 

12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, sobre asuntos da súa área. 

20.30 h Na Zona C, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á clausura e entrega de premios da X edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto.

20.30 h No Salón Teatro, Teatro do Aquí presenta 'Criaturas' de Roberto Vidal Bolaño dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Hakan Hardenberger. [Bach, Haydn, Gruber, Poulenc] Dentro do Programa de Abono do Auditorio de Galicia.

21.00 h Na Sala Capitol, concerto de Delafé y las Flores Azules (Barcelona, indie-pop/trip-hop)m no que presentan o seu novo disco 'De ti sin mí, de mí sin ti'. Dentro do Curtoconcerto e Compostela Rock.

21.00 h No Teatro Principal, Teatro do Atlántico presenta 'A charca inútil' de David Desola. Dirixida por Xulio Lago con Marcos Vieitez, María Barcala e Gonzalo M. Uriarte. Dentro do ciclo Teatro&Danza.

Tráfico 
Con motivo da realización das obras de aglomerado da calzada na rúa San Pedro de Mezonzo, pecharase ao tráfico esta rúa no tramo comprendido entre República Arxentina e A Rosa desde hoxe e ata o vindeiro venres 13 de decembro ás 23.00 horas.

Con motivo da realización de obras as seguintes rúas pecharanse ao tráfico: 

- A ROSA- SANTIAGO LEÓN DE CARACAS: luns 16 e martes 17
- FREI ROSENDO SALVADO-RAMÓN CABANILLAS-REPÚBLICA DO SALVADOR (último tramo) e ALFREDO BRAÑAS (1º tramo): mércores 18
- REPÚBLICA DO SALVADOR- (1º e 2º tramo): xoves 19.
- ALFREDO BRAÑAS (2º tramo): venres 20.

NOTA:
Os tramos considéranse co sentido de circulación.
Cando estea cortada Frei Rosendo Salvado e República do Salvador, o acceso á praza Roxa farase por Santiago del Estero e a saída será por San Pedro de Mezonzo, xa que se invertirá o sentido de circulación desta rúa.


Curtocircuíto
12.00h No CGAC, Aula de cine Márgenes con Luis E. Parés: 'Anatomía da influencia'.

16.30h No CGAC, Cafés con CREA

16.00h. Na Zona C, proxeccións de 'Retrospectiva: Galicia en Curto'

17.00h. Na Zona C, proxeccións de '10 anos de Curtocircuíto 2'

20.30h. Na Zona C, Clausura do festival.

Actividades

Santiago - Festival aniversario Discos da Máquina 

Santiago - Sala Capitol - Marlango

Santiago - Concerto da Real Filharmonia dirixida polo considerado mellor trompetista do mundo

Santiago - Ánxel Casal - concerto infantil de violín

Santiago - Aregadeira de Adela - memorias dun home disperso


Santiago - Fotos de rock de Xavier baliño

Santiago - Galería Sargadelos  - Juan Adrio

Santiago - Colegio de Fonseca - Ruta literaria mar de Arousa e Ulla

Santiago Alameda - El Ártico se rompe 

Ningún comentario: