O conselleiro Agustín Hernández visita o Centro de Vialidade Invernal de Ordes acompañado polo alcalde da vila
Cun orzamento de 4 millóns de euros a Xunta pon en marcha un plan para o mantemento e a correcrta circulación de vehículos polas estradas galegas
Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras vistitou esta mañá o Centro de Vialidade Invernal de Ordes. Na súa visita estivo acompañado polo alcalde e a tenente alcalde da vila, Manuel Regos e Silvia Marín respectivamente; o voceiro local do PP, José Luis Martínez Sanjurjo, ademais do constructor Ramón Carro entre outros.
A Xunta acaba de activar o Plan de Vialidade Invernal 2012-2013, que se manterá operativo ata o próximo 30 de abril cun investimento de 4 millóns de euros. Garántese así a correcta circulación de vehículos ó longo de case 5.500 quilómetros da rede autonómica de estradas, prestándose unha especial atención a case 1.000 quilómetros pola súa especial problemática. Un plan que permite actuar para mellorar as condicións de circulación ante os efectos adversos provocados polos efectos meteorolóxicos do inverno e tomar decisión planificadas, rápidas e efectivas ante calquera alarma derivada das inclemencias meteorológicas. Dito plan supón a aplicación de diversos medios materiais e humanos en cada provincia, a cal se levará a cabo a través dos axentes dos servizos de infraestructuras, dos contratos de conservación integral e das vías de alta capacidade. En total son 25 centros operativos espallados por todo o territorio galego; 59 puntos de reserva con 9.000 quilos de fundentes; 166 máquinas e accesorios entre os que figuran camións, pick-ups, retros, cuñas, follas, esparexedores de sal ou estendedores de salmoira; ademais dos 436 traballadores entre técnicos e persoal de estradas. Con todo isto preténdese combatir a adversidades derivadas das fortes choivas, a formación de placas de xeo, ou a aparición de neve.
Según informacións procedentes da mesma Consellería de Territorio, Infraestructuras e Medio Ambiente no protocolo de actuación galego “aínda que non haxa previsión de xeadas ou de neve manterase unha constante vixilancia do tempo, consultando os partes e previsións meteorolóxicas emitidos pola propia Xunta de Galicia e outros medios. Unha análixe que se complementará cun percorrido diario das estradas, detectando calquera incidencia que se poida producir, grazas ó persoal da Consellería, das empresas contratadas para a conservación integral e o das concesionarias das Vías de Alta Capacidade. Todo elo complementado coa colaboración da Garda Civil, Protección Civil e dos cidadáns en xeral”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario