Psoe Ames - Sobre a xestión da auga e as queixas veciñáis

O día 1 de Febreiro de 2015 comenzou a levar a xestión do ciclo integral da auga unha nova empresa chamada A UTE  Acciona Agua- Espina,

Ante as diferentes queixas que nos están chegando dos veciños/as de Ames sobre o funcionamento da actual empresa, prantexamos as seguintes cuestións: 

Con respecto ao tema do lixo hai veciños/as que están pasando por alí para recoller o recibo para pagar ou pedir información do seu expediente e se lles di que de ese tema alí non teñen nada, co cal, no caso de que teñan que pagar o recibo non teñen forma de facelo.

Con respecto ao recibo da auga tamén hai moitos veciños/as que están pasando polas oficinas para pedir copia do recibo e así poder pagalo e tampouco llo dan porque según eles non poden emitir recibos e os derivan ao Concello.

Naqueles casos que algún veciño/a se lle pasou o prazo de pagar e vai a oficina a recoller o novo recibo co recargo correspondente non se lles está dando, co cal co recibo que teñen non poden ir ao banco a pagar porque o recibo xa non está dentro do prazo permitido e según nos comenta algún veciño/a a solución que lles dan dende o Concello e que ingresen a cantidade que figura no recibo na conta do Concello e despois que volvan ao Concello a presentar por rexistro ese ingreso para que quede constancia do pago e o Concello llo trasladará a empresa que leva o servizo da auga e abastecemento e despois xa se lles emitirá outro recibo co importe do recargo.

Tamén se lle está dicindo  aos veciños/as dende a oficina da empresa que está levando o servizo da auga  que a única forma de pago e a través do banco producindo así un perxuizo a moitos veciños/as que xa se desplazaron ata a oficina para pagar o recibo como se facía ata o de agora.

Tamén se lles está informando que no caso de non pagar os recibos se procederá ao corte do servizo nun prazo curto.

Por outra parte ao parecer tamén hai problemas para tramitar novas altas.


E por último no que respecta ao edicto que asinou o Alcalde de data  4 de Febreiro de 2015 no que se pon que por cuestións alleas ao Concello non se vai a cobrar o cuarto trimestre de 2014 no prazo voluntario.

Ante estas informacións que nos fan chegar usuarios/as do servizo,


SOLICITAMOS:


- Que se nos de urxentemente información detallada de todas estas cuestións prantexadas con anterioridade dado que todo isto está a causar perxuizo para os veciños/as amienses.

- En relación ao edicto, cáles son as cuestións “alleas” polas que non se vai a cobrar o cuarto trimestre? Cómo se lle vai a trasladar aos veciños/as? Vai a levar recargo?

Ningún comentario: