Pacto por Ames considera que a única solución aceptable ao tráfico do Milladoiro é o túnel baixo a nacional 550 tal e como propuxo esta agrupación independente na moción presentada en maio de 2014.
A única solución provisional e transitoria aceptable mentres non se constrúe o túnel sería a liberalización da peaxe da AP9 para minorar os case 25.000 vehículos que circulan a diario pola rúa Rosalía de Castro.
A densidade de vehículosque circulan polo Milladoiroestimase no entorno dos 25.000 diariosfai que esta arteria do Milladoiro divida o núcleo de poboación en dúas zonas provocando un gran impedimento para a integración global do núcleo. Esta situación, ademais dos serios problemas que xera en materia de seguridade, ten consecuencias diarias na socialización das persoas residentes, no comercio, no ocio e en definitiva na actividade diaria.
Pacto por Ames levou ao pleno nestes últimos anos varias iniciativas encamiñadas a solucionar este tema e o goberno de Amor fixo oídos xordos, a última foi a moción presentada o pasado mes de maio de 2014 na que se solicitaba instar ao Ministerio de Fomento para que dea as instrucións necesaria para iniciar o procedemento de estudio sobre a viabilidade de facer un túnel por debaixo da rúa Rosalía de Castro do Milladoiro.
Agora o Ministerio de Fomento e o Alcalde de Ames teñen esta ocorrencia, demostran un claro e grave descoñecemento da realidade doMilladoiro xa que algúns camións de gran tonelaxe terían graves dificultades para virar na rotonda das Galanas creando un grave risco de seguridade viaria tal e como manifestaron os profesionais do sector.
Despois de 20 anos seguen mareando á perdiz cunha proposta que non resolve absolutamente nada, que non supón ningún compromiso e que pretenden vender como unha solución de cara a galería a sabendas de que é caduca, que xa se falara dela hai anos e non resolve practicamente nada.
Primeiro o túnel da Galuresa e agora o túnel de Conxo están propiciando que o problema do tráfico se vaia retrasando cara aoMilladoiro, de aí a importancia deste túnel que solucionaría de unha vez por todas os dous problemas endémicos da zona, a seguridade e a socialización das persoas que viven no Milladoiro pola división da nacional 550 ao seu paso polo Milladoiro. Si ben é certo que estas obras son necesarias, no é menos certo que para a localidade máis poboada de Ames esta solución é imprescindible.
Esa debería ser a misión do Alcalde de Ames, loitar polos intereses das persoas que viven en Ames e buscar unha solución definitiva forzando aos responsables do Ministerio en vez de comulgar con rodas de muíño intentando vender a galería non se sabe qué.
Ningún comentario:
Publicar un comentario