Casa das Crechas - Catas e Viños con Uxía e Vide Vide

Como cada mes, a Casa das Crechas acolle unha Cata de Libros e Viños Galegos, desta vez protagonizada pola cantora Uxía e por dous tintos da Ribeira Sacra: o Diego de Lemos 2012 normal e en barrica. 

Uxía é a gran dama da música galega e traeranos os seus libros favoritos. Ademais de ser probablemente a súa cara máis coñecida, é produtora e ten promovido infinidade de iniciativas musicais e culturais como o Festival Internacional da Lusofonía "Cantos na Maré".

Ademais o espazo enocultural VideVide introduciranos na cata de dous caldos tintos: o mencía Diego de Lemos 2012, o primeiro viño ecolóxico producido en Galicia, á beira do río Miño; e o Diego de Lemos Barrica 2012, un viño de culto, con perfil atlántico e construído en base a unha gran viticultura e a unha viñificación harmoniosa e respectuosa. Son da adega Esther Teixeiro Lemos de Chantada.

Ningún comentario: