Casa das Crechas - Hoxe Roberto Sobrado

A Casa das Crechas acolle hoxe martes o concerto de Roberto Sobrado, en acústico, que estará acompañado por Rafa Campoy e Pablo Vidal Mendoza. O cantautor do Carballiño traeranos temas do seu último disco, ‘Noroeste estraño’ e tamén algúns novos en exclusiva para os asistentes. 

Sobrado define así o seu último traballo: “Unha volta arredor de si, rockeira, unha reivindicación “resentida”, un harakiri consciente pero non total ao cantautor que levo dentro”. 

Roberto Sobrado Banda ten un son ecléctico (coma sempre), e fártase de facer “chiscadelas reixianas, calamarianas, indie­beatles e mesmo radioheadianas e suaves”. Os textos retórcense buscando a metáfora asequible, o punto social, o escéptico, o surrealista e o amor.


Ningún comentario: