A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, presentou ónte en pleno o informe económico e financeiro do último trimestre de 2014, que mostra unha evolución positiva do tesouro da administración local, que cumpre estritamente o establecido na lexislación do goberno central.
Estos datos aos que se refiriu a rexedora melide foron enviados ao organismo da Administración Central o día 27 de xaneiro de 2015 dándose conta nos mesmos en pleno e entregada a copia de ditos informes á oposición. Os datos denotan a seriedade e rigor coa que se levou a cabo o orzamento de 2014, específicandose de xeito pormenorizado e actualizado cada un dos movementos da contabilidade local.
Os esforzos de contención de gasto mereceron a pena e eso fixo posible facer do Concello de Melide un concello sostible onde os provedores cobran cunha media de 20 días dende a aprobación da factura en xunta de goberno local, con soamente 2 facturas que levaban máis de tres meses rexistradas. Lembras que o goberno actual fixo frente a 2,5 millóns de débeda bancaria e 1 millón de euros en facturas á provedores dos cales, 500.000 € correspondían a débeda coa empresa suministradora do alumeado público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario