El Desván de Pestañas, comercio de marcos e molduras de Bertamiráns, resultou gañador do IX Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames. O segundo premio foi para a asociación de persoas discapacitadas Arcea-Adames e o terceiro levouno a florería Adria. Os galardoados recibiron 800, 600 e 400 euros respectivamente. Ademais, nesta edición entregouse un premio especial do público, valorado en 200 euros, que recaeu no comercio de roupa Queen´s.
Nesta iniciativa, desenvolvida pola área de Comercio e Promoción Económica, participaron vinte e nove empresas locais -quince de Bertamiráns e catorce do Milladoiro-. Os establecementos comerciais amesáns luciron entre o 15 de decembro de 2014 e o 5 de xaneiro de 2015 os seus mellores escaparates. O xurado, formado por membros de asociacións de comerciantes, técnicos e traballadores do Concello, puntuou o deseño e a orixinalidade dos traballos, tendo en conta tamén os criterios de composición e a elaboración propia.
El Desván de Pestañas, situado na rúa Ameneiral de Bertamiráns, obtivo 79 puntos. Arcea-Adames, da rúa de Abaixo do Milladoiro-, obtivo 68 puntos, e Adria, que está situado na praza do Concello de Bertamiráns, sumou 67 puntos. En canto a Queen´s -situado na avenida da Peregrina de Bertamiráns- obtivo 145 votos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario