No
momento en que entra en vigor a Lei 36/2014 do 26 de decembro de Orzamentos
Xerais do Estado para o 2015 así como a resolución do 29 de decembro de 2014
dáse pé a esta Administración Local para poder facer efectivo a parte
proporcional da paga extra correspondente a decembro de 2012. Cousa que este
goberno tiña previsto tal é como quedou de manifesto no pleno de aprobación dos
orzamentos para o ano 2015 da administración local, habilitando unha partida orzamentaria
para tal fin, e que se fixo xa realidade nas nóminas do pasado xaneiro, tanto
para persoal funcionario como persoal laboral.
No momento en que entra en vigor
a lexislación estatal adoptase por parte de Alcaldía as medidas oportunas para
adaptarse á mesma, emitindo un decreto de data 30 de decembro do 2014. Nese
decreto o que fai o Concello de Melide é cumprir coa lexislación vixente, é
dicir, ao Real Decreto 20/2012, adaptando polo tanto os informes de
intervención dos cales son coñecedores, porque están ao día, os señores do BNG
de Melide.
As cantidades que se contemplan neste concepto son as equivalentes a
parte proporcional correspondente aos primeiros 44 días de paga extraordinaria,
paga adicional de complemento específico e pagas adicionais do mes de decembro,
tanto para persoal funcionario como persoal laboral. O período de referencia é
diferente para persoal funcionario que para persoal laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario