Antes da pausa do Antroido, o Ciclo de Novos Intérpretes da Asociación Galega da Lírica presenta dúas novas citas consecutivas, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), os días luns 9 e martes 10 de febreiro ás 20.00h.
4º Concerto
IRENE CEBADA FERNÁNDEZ violín
REBECA SALGADO TRILLO soprano
RODRIGO PORTELA SANTACLARA piano
Obras de BACH, FALLA, PAGANINI, SHOSTAKOVICH, SAINT-SAËNS, PERGOLESI, BELLINI, MOZART, SOROZABAL, DVORAK, CHOPIN, LISZT...
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Santiago de Compostela luns 9 de febreiro de 2015 – 20:00h
.
A viguesa de 15 anos de idade, a violinista Irene Cebada Fernández será a encargada de abrir o 4º concerto do ciclo interpretando unha variada selección de obras de Falla, Bach, Paganini, Shostakovich e Saint-Saëns. Irene Cebada estuda cuarto de grao profesional no Conservatorio de Vigo, gañou o premio David Russell 2014 da súa categoría e colabora habitualmente coa Orquestra Xove 430 de Vigo e coa Orquestra Filharmónica de Pontevedra.
A soprano Rebeca Salgado Trillo é unha inqueda música de 25 anos de idade que é licenciada en frauta traveseira polo Conservatorio Superior da Coruña, centro onde cursa 2º de grao superior ao tempo que estuda canto lírico coa profesora Diana Somkhieva. Rebeca Salgado preparou unha ilustrativa selección de cancións, arias de ópera e obras sacras e romanzas de zarzuela compostas por autores como Pergolesi, Bellini, Mozart, Sorozábal, Dvórak, Mozart e Haydn. Tanto Irene Cebada como Rebeca Salgado estarán acompañadas ao piano por Vera Pavlova.
E para rematar o concerto actuará o pianista Roberto Portela Santaclara. Nado en Pontevedra hai 25 anos, está rematando os estudos superiores de piano, centro no que é alumno de Pablo Galdo e Rasa Biveine. Roberto Portela atesoura xa unha ampla experiencia ofrecendo recitais de piano e xa tivo a participar nalgún festival internacional como o Summer Bonporti Piano Lab. en Trento (Italia). Rodrigo Portela seleccionou para a ocasión un esixente programa formado pola Terceira Sonata para Piano de Frédéric Chopin e a Paráfrase de concerto sobre Rigoletto de Verdi composta por Franz Liszt.
5º Concerto
LAURA ZAPATERO CARREIRO piano
SABELA VÁZQUEZ RAMOS violoncello & ANA FERNÁNDEZ GAYOSO piano
CARLA LORENZO FERNÁNDEZ piano
Obras de SCHUBERT, KAPUSTIN, CHOPIN, SCHUMANN, BEETHOVEN
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Santiago de Compostela martes 10 de febreiro de 2015 – 20:00h.
A primeira protagonista do 5º concerto do ciclo é a pianista viguesa Laura Zapatero. Nada hai 20 anos, actualmente estuda 3º curso de grao superior n coa profesora Rasa Biveiniene o Conservatorio Superior de Vigo, centro no que tamén realiza estudos de canto lírico ao tempo que iniciou a súa labor como docente na Escola de Música Amadeus. Para a súa segunda participación neste ciclo seleccionou unha sonata para piano de Franz Schubert e un estudo de concerto do descoñecido compositor Nikolai Kapustin.
Na segunda parte do concerto actuará o dúo de violoncello e piano formado pola lucense Sabela Vázquez Ramos e a monfortina Ana Fernández Gayoso. Ambas de 21 anos de idade, realizan os seus estudos superiores no Conservatorio de Vigo e salientan pola súa inquedanza que se materializa nunha intensa actividad de colaboracións con agrupacións como a Banda Sinfónica Cidade de Lugo, Joven Filarmonía Leo Brouwer e Real Banda Sinfónica del Círculo de la Amistad (Córdoba), Banda da Federación das Bandas Galegas, Orquestra Filhármonica de Pontevedra, Coral Polifónica de Monforte, Banda de Música de Sober, etc. Sabela Vázquez Ramos e Ana Fernández Gayoso interpretarán a Sonata para cello e piano de Chopin e as Pezas de fantasía (Fantasieestücke) de Schumann.
E este 5º concerto rematará coa actuación de Carla Lorenzo Fernández, pianista que prepara neste momento o seu concerto fin de carreira co profesor Pablo Galdo e é diplomada en Educación Musical pola Universidade de Vigo. Carla Lorenzo interpretará a primeira sonata para piano de Ludwig van Beethoven.
Ningún comentario:
Publicar un comentario