Compromiso por Galicia vén de celebrar onte sábado día 7 de febreiro no Hotel Peregrino de Santiago de Compostela a Xornada Nacional de Organización onde, en palabras do Secretario Xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, “ se vén de poñer a punto a nosa organización de cara as eleccións municipais”. A xornada comezou ás 10:15 horas, coa intervención do Secretario Nacional de Organización, Manoel Vello Salvado, que falou a respecto dos principais eixos de Compromiso, “a transparencia, a defensa dos servizos sociais e a participación”, para dar paso a cuestións de carácter técnico e organizativo, a cargo de Xesús Ares. A partir das 12 horas foi a quenda do avogado Xan Martínez, que deu conta de aspectos legais e fórmulas de concorrencia electoral, en solitario ou en coalición, dependendo da casuística.
Un elemento central da xornada radicou na constitución da Comisión Organizativa das Municipais 2015, participado por varios membros da Executiva e Coordinadores Territorias, que para Xoán Bascuas “será fundamental para o impulso das candidaturas de Compromiso por Galicia”, que a día de hoxe “sen querer aventurarnos en números, podemos dicir que imos polo bo camiño para ter unha presenza salientable na maioría das comarcas do País”. Ademais, engadiu, “o proceso de primarias abertas están tendo unha moi boa acollida, dando imaxe dunha organización abertas con vocación de servizo á cidadanía”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario