Camara de Comercio - O viveiro de empresas o primeiro de España por criterio de pre-incubación

Un estudo da Fundación de las Cajas de Ahorros (Funcas), sobre os ránking de viveiros de empresas de España en 2013, sitúa á Cámara de Comercio de Santiago no primeiro lugar por criterio de pre-incubación, no décimo posto no apartado de incubación básica e no quinto lugar dentro da lista de viveiros de empresas de Galicia.

O viveiro de empresas de Costa Vella alberga na actualidade 23 empresas con ubicación física, ocupando 21 dos 24 módulos dispoñibles e pechando o ano cun nivel de ocupación do 88%, ademais de 15 firmas que gozan dos servizos do viveiro virtual. Desde a súa creación en 2006, pasaron polo viveiro un total de 125 empresas, das que 89 abandonaron as instalacións para continuar coa súa actividade empresarial. Estas cifras mostran o correto funcionamento do viveiro de empresas e a calidade do seu emprendemento. A incubadora empresarial de Costa Vella presenta actualmente unha taxa de supervivecia do 74%.

Por outra parte, o servizo de Creación de Empresas da Cámara de Comercio atendeu durante o pasado ano a máis de 600 persoas con inquietude emprendedora que formalizaron 800 demandas de asesoramento e crearon 128 de empresas que xeraron 45 postos de traballo asalariado. Ademais, a Cámara deu resposta nos últimos meses a 75 consultas de asesoramento xurídico no ámbito comercial, laboral e fiscal.

Ningún comentario: